O conselleiro de Facenda e Administración Pública preside a toma de posesión de Julián Cerviño como director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
https://www.xunta.gal/multimedia/portal-web/Imaxes/Novas/2022/Setembro/semana-01/220902_posesion_003x2_medium.jpg
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2022
O Conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presidiu hoxe a toma de posesión de Julián Cerviño Iglesia como director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Julián Cerviño leva máis de vinte anos traballando en proxectos e programas IT estratéxicos de distintas Administracións en Galicia, como a administración electrónica da Xunta e diversas iniciativas relacionadas coa sanidade pública.
Julián Cerviño Iglesia é Licenciado en Ciencias Físicas, especialidade electrónica pola Universidade de Santiago de Compostela. É un profesional con ampla experiencia en IT e sólidos coñecementos de xestión e técnicos.