Todas as áreas sanitarias galegas contarán este ano con unidades de atención a persoas en risco de suicidio

Galicia incorporou cinco novas unidades de prevención de risco de suicidio con persoal de psicoloxía, psiquiatría e enfermería de saúde mental, e este ano completará a cobertura nas sete áreas sanitarias

Galicia foi pioneira na posta en marcha destas unidades, que teñen demostrado eficacia en diminuir o risco de suicidio en persoas con intentos previos

A Xunta enviará unha ley ao Parlamento que asegure que se cubran as prazas en todas as unidades, ao permitir garantir os postos por concurso de méritos
 

 

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2022.- Galicia contará este ano con unidades de atención a persoas en risco de suicidio en todas as áreas sanitarias. Coa creación de 5 novas unidades de prevención de risco de suicidio, a Administración autonómica prevé que este ano todas as areas sanitarias galegas conten con estas unidades, dando cobertura á poboación de todo o territorio galego, segundo o previsto no Plan de Saúde Mental de Galicia 2020-2024.

 

A nosa comunidade foi pioneira ademais na posta en marcha destas unidades, que teñen demostrado eficacia en diminuir o risco de suicidio en persoas con intentos previos. Cada unha delas conta cun equipo específico de profesionais composto por persoal de psicoloxía, psiquiatría e enfermaría especialista en saúde mental. Estes profesionais forman parte dos 120 que se incorporaron aos servizos de saúde mental do Sergas dende o inicio de dito plan: 34 psicólogos, 37 psiquiatras, 26 enfermeiros especialistas e 12 traballadores sociais, entre outros.

 

Así mesmo, con vistas a garantir a cobertura de prazas nestas novas unidades de atención a persoas en risco de suicidio, a Xunta enviará unha lei ao Parlamento que permita cubrir cada posto por concurso de méritos, garantindo que en ningunha destas prazas haxa vacantes.

 
 

O Plan de Prevención do Suicidio en Galicia

 

Publicado no ano 2017, o Plan de Prevención do Suicidio de Galicia ten como obxectivo diminuír a incidencia e a prevalencia da conduta suicida:

1. Aumentando a coordinación entre as institucións e os axentes implicados na prevención da conduta suicida.

2. Aumentando a sensibilización e a concienciación da sociedade sobre o suicidio como un problema de saúde.

3. Mellorando a atención que dende a organización sanitaria se lles presta tanto ás persoas que presentan conduta suicida como aos seus achegados.

4. Fomentando a investigación e o coñecemento respecto da conduta suicida en Galicia.

 

A comunidade autonoma de Galicia está tamén a participar no planel de expertos que se ven de constituir para a xestión do proxecto nacional de prevención de suicidio, e compartirá a súa experiencia nunha xornada prevista para o vindeiro 19 de setembro.

 

A análise epidemiolóxica axuda a identificar tanto factores de risco como de protección fronte ao suicidio, o que é de utilidade para deseñar os plans de prevención, quedando os resultados descritos no documento. Loitar contra o estigma asociado a esta conduta é outro aspecto clave sobre o que incidir para fomentar que as persoas accedan ás canles de axuda. No presente ano e froito dunha colaboración entre a Conselleria de Sanidade e a Universidade de Santiago de Compostela, coa coordinacion do Profesor Fernando Lino Vazquez, Doutor en Psicoloxía Clínica e da Saúde e Profesor Titular do Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da USC.

 
 

Apoio ás entidades sociais

Por cada suicidio cometido hai moitos máis intentos de suicidio polo que para unha prevención eficaz cómpre desenvolver estratexias indicadas dirixidas á poboación vulnerable mediante o apoio, a capacitación do persoal de saúde, educación e servizos sociais e unha mellora na identificación dos trastornos mentais e de consumo de substancias.

 

Dende o Servizo de Saúde Mental da Dirección xeral de Asistencia Sanitaria colabórase coa realización de programas sociosanitarios no ámbito da prevención do suicidio.

 

No que se refire ao ámbito da intervención sociocomunitaria, o Sergas está a impulsar, tamén no marco do Plan de Prevención do Suicidio de Galicia, unha serie de programas en cooperación coas entidades sociais a través dunha liña de axudas.

 

No ano 2021, a Xunta destinou 64.580€ a 5 programas dos que foron beneficiadas 935 persoas, das cales 461 eran mulleres e 474 homes. No ano 2022, aumentouse esta partida ata os 100.000€, financiando 8 programas dos que se estan a beneficiar 1.725 persoas, das cales 771 mulleres e 954 homes.

 

Concretamente, este ano os programas son os seguintes:

 

-O programa de Prevención do suicidio en persoas maiores de Cruz Roja Española

 

-O Proxecto Voitheia da asociación Alar Galicia, de atención a mocidade.

 

-O programa Vi-Da (Vixiantes e Axuda) da Fundacion Lar pro saúde mental, centrado nos adolescentes, especialmente nos máis vulnerables.

 

-O programa integral “Falamos?” da asociación Andaina pro saúde mental, dirixido a mellora na detección e intervención no risco de suicidio nas comarcas de Ordes e Ulla-Sar.

 

-O Podcast para a saúde mental: programa para a prevención do sucidio. da asociación Xaruma.

 

-O programa de prevención e intervención do suicidio na depresión da asociación DOA saúde mental.

 
-O programa Philautia de Agalurre.
 

-E o proxecto de prevención de suicidio no alcolismo da asociación viguesa de alcología, Asvidal.

 
 

O suicidio é un problema da sociedade no seu conxunto, de xeito que para que unha estratexia nunha poboación resulte eficaz é preciso unha resposta multisectorial e integral.

 

No informe publicado pola Organización Mundial da Saúde “O suicidio, un imperativo global” determínase unha maior taxa de suicidio nos países de alto nivel económico, salientando a necesidade de ter en conta aspectos como as experiencias relacionadas con conflitos, desastres, violencia, abusos, perdas e sensación de illamento que están estreitamente ligadas a condutas suicidas.

 

As taxas de suicidio tamén son elevadas entre os grupos vulnerables obxecto de discriminación. Diferentes factores psicolóxicos, sociais, e culturais poden interactuar para conducir a unha persoa a ter un comportamento suicida. Aínda que se ten avanzado no coñecemento acerca do comportamento suicida, non hai unha explicación única de porque unha persoa pode actuar deste xeito, pero existen medidas que podemos levar a para modificar as consecuencias persoais e familiares do suicidio

Imaxes relacionadas