Miranda asiste á conferencia, organizada pola embaixada da República de Panamá e a Fundación Nosa Terra, sobre os galegos que participaron na construción da canle interoceánica

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2022.-

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe a conferencia “De Galicia a Panamá: los gallegos en la construcción del canal interoceánico” que organizou a Embaixada da República de Panamá e a Fundación Nosa Terra na Casa América en Madrid.

 

A Fundación Nosa Terra, colaboradora do evento, naceu co propósito de renderlle un homenaxe aos mais de 8.000 galegos que participaron na construción do Canle de Panamá no ano 1904, xa que, ademais, moitos deles prolongaron a súa estancia naquel país e incluso se asentaron e fundaron unha familia. Nestes intres estase a traballar na proposta de construción dun monumento que recordará a labor destes traballadores galegos que formaron parte da historia deste esencial enlace que une Atlántico e Pacífico.

 

Imaxes relacionadas