Miranda retoma o contacto cos centros galegos de Estados Unidos en Nova York de cara a coñecer os seus proxectos e actividades futuras

Nova York (Estados Unidos), 03 de setembro de 2022  O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión de traballo cos centros galegos da área de Nova York de cara a retomar o contacto tras os anos de parón pola pandemia, e coñecer os seus proxectos e actividades futuras.

 

Na reunión estiveron presentes os representantes do Centro Ourensano Social Club, da Casa de Galicia de Nova York, o Centro Español de Queens, da Peña Gallega-Club España de Newark e da Nacional-Spanish Benevolent Society. Entre outras cuestións, analizouse o seu calendario futuro de iniciativas culturais, e fíxose balance da súa labor en prol da promoción e difusión do Camiño de Santiago durante estes dous anos de Xacobeo.

 

Imaxes relacionadas