A Xunta participou no evento ‘Efímero Xacobeo Experience’ da Cooperativa 13 Grados para poñer en relación as migracións mariñas e o Camiño de Santiago

Dumbría (A Coruña), 8 de outubro de 2022 A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, visitou hoxe en Dumbría o proxecto Efímero Xacobeo Experience que, co apoio da Xunta de Galicia, promove 13 grados, entidade radicada en Vigo que recibiu un dos Premios á Cooperación 2022 pola súa contribución ao desenvolvemento económico e social da comunidade.

No acto, a secretaria xeral puxo en valor o proxecto cooperativo desta entidade que naceu en Vigo fai apenas dous anos e que traballa pola divulgación e conservación do medio mariño. Para a achegar a riqueza litoral á sociedade e trasladar a necesidade de preservala, 13 Grados orzganiza rutas submariñas interpretadas, obradoiros e charlas temáticas, safaris de mergullo e exposicións de fotografía subacuática.

O evento de hoxe, de carácter multidisciplinar, tomou como telón de fondo o Camiño de Santiago entre Fisterra e Muxía. Invitou a reflexionar sobre os valores da ruta xacobea como punto de encontro entre diferentes países, culturas, necesidades ou preocupacións e permitiu establecer un paralelismo coas migracións no mundo acuático e o impacto nos océanos. Toca tomou parte desta experiencia na que se celebrou a visualización interpretada da curta Nun mar de migrantes e se ofertou unha experiencia submarina inmersiva en 360º grazas á realidade virtual.  

 

Imaxes relacionadas