23/12/21 | 20:31 | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes A Xunta amplía o acendido de monumentos do Camiño como arranque do Xacobeo 22, no que Galicia aspira a celebrar un Ano Santo pleno
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, participou na iluminación do Pazo de Mos cos motivos do Xacobeo, acto simbólico co que se escenificou a posta en marcha, por segundo ano consecutivo, da campaña #AcendeOXacobeo
Entre hoxe e o 7 de xaneiro do 2022, 52 monumentos galegos iluminarán as súas fachadas nas diferentes rutas do Camiño de Santiago
A iniciativa completarase co acendido de máis edificios singulares noutras CCAA polas que atravesa o Camiño e tamén en cidades europeas
Alfonso Rueda amosouse convencido de que o 2022 non será só o Ano Santo de Galicia, senón tamén “o ano grande de Galicia”