Galicia participa en Zaragoza no III Encontro de direccións xerais con competencia en diversidade sexual e dereitos LGTBI
Zaragoza, 17 de outubro de 2022 A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá en Zaragoza no III Encontro de direccións xerais con responsabilidade en diversidade sexual e dereitos LGTBI onde, entre outros asuntos, abordarónse as estratexias estatais para a igualdade de trato e non discriminación das persoas LGTBI e para a inclusión social das persoas trans.
Galicia mostrou a súa disposición para participar no deseño destes documentos e, en concreto, solicitou ao Estado que na elaboración das dúas planificacións teña en conta ás entidades galegas que traballan a favor dos dereitos LGTBI. Na xuntanza celebrada, as comunidades autónomas acordaron, doutro lado, estudar o borrador que se presentou sobre o servizo de atención 028 para determinar a súa xestión.