Quintana e Miranda acompañan a colectividade venezolana en Galicia na entronización da reliquia do beato José Gregorio Hernández

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2022.-

A conselleira do Mar, Rosa Quintana,  e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañaron esta mañá a colectividade venezolana en Galicia nos actos de entronización da reliquias do Beato José Gregorio Hernández que tivo lugar na catedral de Santiago de Compostela.

 

O acto estivo presidido polo cardeal e arcebispo da arquidiocese de Mérida (Venezuela), Enrique Porras Cardozo, que destacou a figura deste médico e franciscano segrar venezolano que é coñecido tanto en Venezuela como en Colombia como o médico dos pobres. Ao remate da misa do Peregrino, os bispos das dioceses galegas recibiron as reliquias como homenaxe a gran relación que une a galegos e venezolanos, e a gran devoción que existe entre os retornados de aquel país pola súa figura.

Imaxes relacionadas