Miranda recolle o interese da Fundación Araguaney por colaborar coa colectividade galega no exterior na difusión da cultura galega

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2022.-

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co director da Fundación Araguaney, Fernando González Méndez, quen lle trasladou o interese desta entidade por colaborar coa colectividade galega no exterior na difusión da cultura galega.

Durante a reunión, Miranda e González Méndez analizaron as posibles vías de traballo conxunto neste senso e destacaron a importancia de impulsar a colaboración coas entidades galegas de exterior de cara a manter as tradicións, a lingua e a cultura galega entre a colectividade que reside nos diferentes países do mundo, e proxectala ao ámbito das sociedades que as acollen.

Imaxes relacionadas