O INE confirma que Galicia gaña poboación no primeiro semestre de 2022, grazas ao saldo migratorio positivo en 12.768 persoas
O Instituto Nacional de Estatística acaba de publicar os datos provisionais relativos ao primeiro semestre de 2022, que indican que o saldo migratorio foi positivo co exterior en 12.106 persoas e tamén positivo en 622 co resto de CCAA.
Durante estes primeiros 6 meses, o saldo migratorio positivo conseguiu reverter o saldo vexetativo negativo, gañando poboación en 1.995 persoas.
Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2022.-
A poboación residente en Galicia a 1 de xullo de 2022 situouse en 2.691.456 habitantes, cun saldo migratorio exterior positivo de 12.106 persoas e de 622 polas procedentes de outras comunidades autónomas, segundo recolle a estatística de Migracións que acaba de publicar de xeito provisional o Instituto Nacional de Estatística.
O avance da ‘Estatística de Migracións' do ano 2022 revela que Galicia ao rexistrar un saldo migratorio positivo co exterior de 12.106 persoas, situase como a sexta Comunidade Autónoma con maior pulo de atracción. En relación ao movemento entre comunidades autónomas, atópase no quinto posto en atracción de poboación, cun saldo positivo de 622 persoas.