Santiago Villanueva reúnese co xefe do V Batallón de Intervención en Emerxencias da Ume

Santiago de Compostela, 21 de diciembre de 2022

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado do comisario xefe da Policía Autonómica, Jorge Rubal, recibiu hoxe o tenente coronel Daniel Constantino Casado, que desde o pasado setembro se atopa á fronte do V Batallón de Intervención en Emerxencias (BIEM) da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Ao encontro tamén asistiu o xefe de área de Relacións Institucionais e Comunicación Pública do BIEM, o comandante Iván Fernández.

A Xunta mantén unha estreita colaboración cos militares da UME no reforzo dos dispositivos de emerxencias da comunidade, en especial na loita contra os incendios forestais.

Imaxes relacionadas