03/08/21 | 11:46 | C. de Facenda e Administración Pública O Parlamento de Galicia dá luz verde ao teito de gasto da comunidade autónoma para 2022, que ascende a 11.571 M€
Valeriano Martínez presentou hoxe na Cámara galega o teito de gasto non financeiro para o vindeiro ano
O conselleiro cualificouno de prudente e rigoroso e subliñou que permitirá recuperar a mediados do ano 2022, e antes que a media de España, a riqueza previa á pandemia
A Comunidade galega mantén a súa capacidade máxima de gasto grazas á sentenza do Tribunal Supremo que obriga ao Goberno central a transferir a Galicia a mensualidade do IVE correspondente a 2017
As prioridades deste teito de gasto son a de superar a pandemia en termos sanitarios, seguir reactivando a actividade económica e o emprego, e garantir a protección e o benestar das familias e das empresas