Hemeroteca

Novas publicadas hai máis de seis meses

Novas publicadas hai máis de seis meses
Ten dispoñibles para consulta 1691 novas da C. de Facenda e Administración Pública :
Feijóo ratifica a aposta da Xunta por seguir baixando impostos e anuncia unha nova redución dos valores medios que gravan os bens inmobles urbanos
15/06/15 | 14:55  | Consellería de Economía, Industria e Innovación; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Feijóo ratifica a aposta da Xunta por seguir baixando impostos e anuncia unha nova redución dos valores medios que gravan os bens inmobles urbanos

Esta decisión, que aprobará o Consello da Xunta esta semana, suporá unha nova redución dos impostos sobre os bens inmobles, tanto intervivos como mortis causa

Feijóo insiste en que a baixada de impostos é a liña que seguiu neste últimos anos e seguirá o Goberno galego e subliña que “a economía se está poñendo en situación de que poidamos facer revisións da nosa política fiscal nos vindeiros exercicios

Asevera que Goberno galego sigue avogando por unha Galicia segura, “que non é o mesmo que unha Galicia inmóbil”, precisa

Resalta que a estabilidade dinámica é o que caracteriza á clase emprendedora galega “e o seu exemplo merece ser seguido”

Expresa o desexo de que os que se incorporan ás tarefas de goberno esperten cada día pensando “no que teñen que facer”, e non soamente “no que lles gustaría dicir”; “porque os cambios en parte da tripulación non poden supoñer que se volva á deriva anterior”, di

Asegura que a Xunta sempre terá a man tendida para dialogar e colaborar

Destaca o papel de Europa como marco estabilizador e precisa que, se ben a estabilidade, a convivencia política e o benestar do espacio europeo débese a decisións e tratados que foron debatidos hai anos ou décadas, “é agora cando se están cimentando a estabilidade, a convivencia e o benestar do futuro"
 

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: