12/11/21 | 11:18 | C. do Medio Rural O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo participa nun proxecto innovador de aproveitamento e revaloración de restos de biomasa forestal
O grupo de innovación Biofore Plus integra diferentes actores da cadea de valor forestal, agrícola e gandeira, xerando solucións á xestión de biomasa para anticiparse aos incendios forestais
Xorde do proxecto Biofore, financiado pola Xunta no marco das axudas de apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal
Nas experiencias realizadas, obtivéronse restos de piñeiro, eucalipto e acacia caracterizados para a valorización enerxética e fabricouse un forno pirolítico para a elaboración de biochar e carbón vexetal