Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

29/12/22 | 16:59 | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reparte máis de 600.000 € entre 380 deportistas galegos de alto nivel, o importe máximo da historia do deporte galego

O grande éxito do deporte galego nos últimos anos provoca que a contía inicial de 500.000 euros sexa ampliada ata os 606.380 euros

28/12/22 | 19:03 | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo pon en valor o auxe do judo feminino con máis de 2.700 mulleres federadas neste deporte

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, asistiu a varios adestramentos nas ‘XIV Xornadas Internacionais de Judo-Nadal 2022. Deporte en feminino’, organizadas pola Federación Galega de Judo co obxectivo da promoción das mulleres no deporte

27/12/22 | 20:35 | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por inculcar o deporte ás xeracións máis novas con programas como 'Xogade' ou o Plan Corresponsables

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, fixo balance de ambos programas que este ano achegouse a cifras prepandemia en asistencia ao sumar case 130.000 participantes

23/12/22 | 14:29 | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
23/12/22 | 12:44 | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega 600.000 € a máis dun cento de entidades deportivas de Lugo para equipamento

O Goberno galego vén de resolver a segunda convocatoria destas axudas, que asumen o 80% do investimento solicitado cun máximo de 10.000 euros

23/12/22 | 12:11 | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta felicita os piragüistas galegos por colleitar 106 medallas a nivel internacional e por situar Galicia como unha referencia nacional e mundial neste deporte

Diego Calvo resalta a relevancia das súas estrelas internacionais e o alcance do deporte que máis galegos levou aos Xogos Olímpicos, que máis medallas olímpicas trouxo para Galicia e que sitúa a Comunidade como potencia nacional por ser a que ten máis licenzas e clubs
 

22/12/22 | 10:13 | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias reúne a oito clubs deportivos da cidade de Lugo para coordinar o uso do pavillón dos institutos do centro

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Xunta posibilitará os adestramentos asumindo os custos de limpeza e conserxería fóra do horario lectivo, ante a pasividade do Concello

Na xuntanza participaron responsables dos equipos directivos do IES Lucus Augusti e Ollos Grandes e de entidades como o Emevé, Estudiantes ou Sagrado Corazón, entre outros

20/12/22 | 15:03 | Consellería de Economía, Industria e Innovación; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta considera un orgullo que Eduardo Iglesias, primeiro piloto galego en encadear catro citas consecutivas do Dakar, sexa abandeirado do selo Galicia Calidade

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, reuníronse co deportista monfortino na Cidade da Cultura

20/12/22 | 13:07 | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Máis dun millar de escolares de Ferrolterra participan en Narón na proba zonal de campo a través ao abeiro do programa Xogade

A delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, achegouse esta mañá ao estadio municipal de Río Seco en cuxa contorna se desenvolveron as probas en categorías benxamín, alevín e infantil

19/12/22 | 12:41 | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acada o seu máximo histórico para equipamentos deportivos con 4,6 M€ para 811 entidades en 2023

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución de federacións, clubs e sociedades deportivas beneficiarias da segunda convocatoria destas subvencións con 714 solicitudes admitidas que percibirán case 4M€