13/11/22 | 12:00 | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación A Xunta encabeza desde mañá unha misión comercial a Miami cunha vintena de empresas galegas para seguir estreitando as relacións económicas entre Galicia e EE.UU
O obxectivo é explorar novas oportunidades para o tecido empresarial galego en sectores como o contract, o aeroespacial, o turismo, o agroalimentario, o TIC ou o enerxético, dos que forman parte as empresas que participan na viaxe
O vicepresidente económico tamén terá ocasión de manter reunións tanto no ámbito empresarial como no institucional, como o encontro previsto para mañá luns coa alcaldesa de Miami-Dade, Daniella Levine Cava
Ademais, visitará o Porto de Miami e manterá un encontro cos organizadores da feira tecnolóxica eMerge Américas
As exportacións de Galicia a EE.UU están rexistrando unha tendencia moi positiva ao incrementarse no que vai de ano un 68,4%, ata os 532M€