28/12/21 | 12:41 A Xunta sacará a concurso no primeiro trimestre de 2022 88.000 m2 no polígono empresarial das Gándaras
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda porá á venda 14 parcelas das fases xa rematadas e 27 da 3ª fase, cuxas obras de urbanización serán adxudicadas en breve
Ángeles Vázquez salienta a función de polo empresarial das Gándaras, no que a Xunta mobilizou 53 millóns de euros para actuacións executadas ou en curso, un parque do que xa se venderon 257.000 m2 que xeraron un aforro de máis de 12 millóns de euros
A conselleira destaca que os empresarios apostan pola Comunidade, onde a Xunta adxudicou 93 parcelas en 21 parques empresariais e, especialmente, por Lugo, xa que un terzo das parcelas vendidas localízanse en sete parques da provincia
Avanza que en 2022 o Goberno galego manterá este esforzo e apoio para xerar oportunidades, grazas á mobilización de 34 millóns de euros para reforzar o solo empresarial