22/10/21 | 12:14 Máis de 2.500 mozos e mozas participaron nas actividades do espazo da Consellería de Emprego e Igualdade en Edugal
A dinamización do emprego xuvenil será unha das prioridades nos orzamentos da Xunta de Galicia para 2022
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en Pontevedra o espazo de Formación para o Emprego da Xunta na feira Edugal
A formación tecnolóxica e dirixida á inserción laboral dos máis novos constitúe unha das grandes apostas das políticas de emprego autonómicas
A Xunta incrementará en máis do 50% as partidas para formación para o emprego en 2022, con especial incidencia na cualificación das persoas menores de 30 anos
Na feira estase a promocionar o campus virtual para a cualificación de persoas traballadoras do que Galicia é comunidade pioneira