Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 186 novas da Axencia de Turismo de Galicia:

09/11/22 | 11:04 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta pon en valor a importancia dos paquetes turísticos desenvoltos nas zonas afectadas polos incendios forestais en Lugo e Ourense

Turismo de Galicia colaborou con máis de 90.000 € con esta iniciativa que están levando a cabo 28 axencias galegas con 45 paquetes turísticos

08/11/22 | 16:58 | Axencia de Turismo de Galicia
07/11/22 | 11:50 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta apoia o desenvolvemento socioeconómico dos sectores do mar e do turismo nas XX Xornadas Gastronómicas da Centola do Grove

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, participou na presentación oficial desta exaltación gastronómica, organizada pola asociación de empresarios Emgrobes, no Museo da Salgadeira coa presenza do alcalde, José Cacabelos
 

04/11/22 | 14:07 | Axencia de Turismo de Galicia
03/11/22 | 13:48 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta apoia ao sector turístico do Salnés con 35 axudas para aloxamentos e restaurantes por 714.000 € e 152 establecementos participantes no Bono Turístico

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informou destes dous programas de Turismo de Galicia na Casa da Muiñeira e Cambados, beneficiaria dunha achega de 15.000 para mellorar as súas instalacións cunha piscina exterior
 

03/11/22 | 10:35 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta busca reforzar o turismo cultural da Comunidade mediante a participación na creación de novas rutas turísticas

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no primeiro seminario sobre Roteiros Napoleónicos en Galicia-Norte Portugal

02/11/22 | 14:03 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na presentación do primer Fórum Gastronómico dos Camiños

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación levada a cabo hoxe no concello de Lalín

30/10/22 | 20:38 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa no remate do proxecto “As influencias dos distintos camiños a Santiago na nosa indumentaria” levado a cabo no marco do programa O teu Xacobeo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no acto que puxo punto e final á iniciativa en Santiago de Compostela

28/10/22 | 19:10 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta agradece aos voluntarios europeos do programa XacobeAndo o seu apoio ao Camiño

A través desta iniciativa, arredor de 80 mozas e mozos procedentes de oito países distintos realizaron desde o pasado verán actividades nas rutas Xacobeas en tres ámbitos: Camiño inclusivo, Camiño sostible e Camiño dixital