Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

21/12/21 | 13:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta o talento do artista vigués Borja Fontán, autor do tapiz que ilustrará o 300 aniversario da Real Fábrica de Tapices

O conselleiro de Cultura mantivo un encontro co autor, un mozo de 25 anos cuxa peza simboliza os valores tanto da xuventude actual como da institución

20/12/21 | 20:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xosé Monteagudo recolle o XV Premio de Narrativa Breve Repsol pola súa novela ‘Eternity’

O secretario xeral de Política Lingüística participou no acto de entrega en que se presentou a obra gañadora, editada por Galaxia

20/12/21 | 14:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia lidera este curso a creación de novas prazas de Formación Profesional

O secretario xeral de Educación e FP participou hoxe na reunión na que se confirmou o reparto adicional de prazas con cofinanciamento de fondos europeos

20/12/21 | 11:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoiará as produtoras audiovisuais para que poidan desenvolver ata cinco proxectos simultáneos

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade intervén nun encontro con produtoras de cinema e televisión para lles presentar a segunda liña de axudas do Hub Audiovisual da industria cultural cun orzamento de 1,2M€

18/12/21 | 13:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta lanza un novo Plan Estratéxico para a Cidade da Cultura con máis de 5.000 actividades dirixidas a potenciar a creatividade e a innovación en Galicia

Román Rodríguez anuncia que se mobilizarán preto de 30 millóns co obxectivo de que o Gaiás chegue a 2027 duplicando practicamente o valor que achega á sociedade

17/12/21 | 19:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convida a descubrir en familia a instalación de Nadal do Gaiás 'O marabilloso camiño de inverno'

— A deseñadora galega Ana Inés Jabares-Pita, premiada como unha das mellores escenógrafas do Reino Unido, transforma o Museo Gaiás nun paraíso de globos de neve e luz que atesouran as paisaxes e monumentos do Camiño de Santiago

17/12/21 | 16:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta expón no Consorcio de Santiago os avances das propostas que levou en xullo ao Real Padroado

Refírese ás iniciativas para avaliar usos públicos en Conxo a través dun plan especial, así como melloras nos accesos ao Camiño de Santiago ou a recuperación do legado patrimonial de carácter arquitectónico da Universidade, entre outras

17/12/21 | 13:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 5.000 persoas estudan portugués de forma oficial en Galicia, case cinco veces máis que cando entrou en vigor a Lei Paz Andrade

O secretario xeral de Política Lingüística presentou no Parlamento o informe anual de seguimento desta lei para o aproveitamento dos vínculos coa lusofonía

17/12/21 | 12:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe á oferta cultural de Santiago e Ames con 27 funcións da rede de teatros e auditorios

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe nas presentacións das novas programacións de artes escénicas que desenvolverán ambos os concellos durante o primeiro semestre de 2022