Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Centro Ramón Piñeiro celebra o 25 aniversario do seu Corpus Documental sobre a Galicia medieval
O ‘Corpus Documentale Latinum Gallicae’ foi un dos primeiros proxectos impulsados por esta entidade co obxectivo de reunir a información en lingua latina sobre este tema nunha soa plataforma web
Anxo M. Lorenzo salienta o valor do máis de medio cento de iniciativas culturais e académicas que este ano están a divulgar o legado de Xela Arias
O secretario xeral de Cultura participa no simposio que a Real Academia Galega organiza estes días co apoio da Xunta sobre a homenaxeada das Letras Galegas 2021
O Centro Dramático Galego cruza o atlántico por primeira vez para representar en Uruguai e Arxentina a obra ‘O charco de Ulises’
A peza dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso representarase o día 1 de decembro no Auditorio Nelly Goitiño de Montevideo, con dúas funcións, e o día 2 no Teatro Astral de Bos Aires
Arias destaca que o aumento da matrícula no CEIP Terra Chá de Vilalba mostra “o gran labor” que están a facer os colexios do rural
O delegado territorial da Xunta en Lugo visitou o centro, que abriu unha nova aula de Infantil tras duplicar en dous cursos o número de alumnos desa etapa educativa
Feijóo resalta o compromiso da Xunta cunha Universidade 4.0 que concilie innovación, empregabilidade e especialización, cun plan de financiamento que permitirá mobilizar 3.200M€
Destaca tamén que nos orzamentos autonómicos do ano que vén as contías comprometidas para o Sistema Universitario Galego ascenden a case 500 millóns, un 5,4% máis que no exercicio anterior
Román Rodríguez destaca que a Xunta se implicará de cheo na conmemoración do ano Laxeiro en 2022
O conselleiro de Cultura participa nos actos organizados pola Real Academia Galega de Belas Artes como peche da homenaxe a Domingo de Andrade
O Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo impulsa o libro 'Matrias illadas', que recompila as fotografías e versos da mostra homónima en homenaxe ás mulleres
O secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación, que integra a mostra-homenaxe ás devanceiras das súas creadoras, Neves Seara e Tamara Andrés
A Xunta súmase ao rexeitamento de toda a comunidade universitaria á nova lei Castells
A lei non avanza nos cambios nas estruturas de centros e unidades de investigación que se dan de facto na realidade e queda afastada das tendencias europeas
A Xunta iniciou unha nova campaña arqueolóxica no campamento de Ciadella en Sobrado cun investimento de 200.000€
Durante nove meses un equipo de arqueólogos e restauradores traballará neste asentamento militar co obxectivo de poñelo en valor e difundilo entre a cidadanía