Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

11/11/21 | 21:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O investigador José Manuel Bértolo, o colectivo Rompente e o programa ‘Sempre en Galicia’ reciben os XXX Premios San Martiño de Normalización Lingüística

O secretario xeral de Política Lingüística participou hoxe no acto de entrega dos galardóns aos premiados, que se celebrou no Teatro Principal da Estrada e contou coa actuación de Guadi Galego

11/11/21 | 19:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle os deseños do referente da arte moderna portuguesa José de Almada Negreiros

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración da mostra, enmarcada no proxecto Nortear a prol do reforzo dos vínculos artísticos na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

11/11/21 | 19:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta promove unha prospección arqueolóxica subacuática na Illa de Cortegada para localizar un pecio da época romana

O delegado territorial, Luis López, asistíu esta tarde ao comezo dos traballos de recoñecemento do terreo e da sondaxe valorativa da contorna norte de Punta Fradiño, que se van prolongar durante tres meses e contan cun orzamento de máis de 15.000€

11/11/21 | 17:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta a gran resposta das librarías ao Bono Cultura da Xunta con case 300 adhesións

Agradece a contribución destes profesionais á reactivación do sector cultural

11/11/21 | 14:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O novo ciclo ‘Sinsal Museo do Mar’ organiza en Vigo tres xornadas de concertos dentro da programación da Xunta para o Xacobeo 21-22

Comeza este sábado co recital da cantante portuguesa Luísa Sobral no Teatro Afundación e continuará os días 20 e 21 de novembro con Marco Maril, Nico Casal, Verde Prato, Rebe, Nacho·Faia·Lar e Adrian Timms no Museo do Mar de Galicia

11/11/21 | 14:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta leva a Lugo a mostra 'Percorrer o tempo', que transforma contedores de barco en salas de proxección con obras audiovisuais sobre o Camiño

O secretario xeral de Cultura participou hoxe na apertura da exposición itinerante, que pode verse na Praza Horta do Seminario ata o 10 de xaneiro
 

11/11/21 | 13:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa a primeira edición do programa ‘Que non pare a música’ en Pontevedra con oito concertos esta fin de semana

Dakidarría, SonDaRúa, Boyanka Kostova, Carlos Sadness, La Casa de los Ingleses, Cora Velasco, Furious Monkey House e Baiuca actuarán desde mañá e ata o domingo no Recinto Feiral pontevedrés

11/11/21 | 11:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A xira da produción do Centro Dramático Galego ‘O charco de Ulises’ chega o sábado a Cangas

A unidade teatral da Xunta fará unha representación ás 20,00 horas no Auditorio Municipal da vila do Morrazo

10/11/21 | 18:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Unha exposición itinerante apoiada pola Xunta recolle os 50 anos de historia da Casa de Rosalía

O secretario xeral de Política Lingüística participou esta mañá na inauguración da mostra ‘A Casa de Galicia. 50 anos da casa de Rosalía’, que abriu as xornadas dedicadas á escritora na Coruña ata o vindeiro venres

10/11/21 | 13:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Gabriel Alén reivindica o papel das librarías no fomento da lectura

O delegado territorial explicou “nestes tempos da era dixital, cómpre por en valor o contacto directo co lugar onde se venden os libros”