Hemeroteca

Noticias publicadas antes de 2023

Tiene disponibles para la consulta 3242 noticias de la C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

08/11/21 | 14:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O delegado territorial da Xunta supervisa as obras de restauración da Torre do Reloxo no concello da Arnoia

Gabriel Alén informou que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade inviste máis de 74.000 euros na obras e que terán prazo de execución de dous meses

08/11/21 | 14:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O novo ciclo da Xunta "Música en salas" programa 135 concertos de grupos galegos en dous meses para impulsar a reactivación do sector

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade inviste 200.000 euros nesta iniciativa, froito do convenio entre o seu departamento de Industrias Culturais e a asociación Clubtura, ademais de contar coa complicidade de Músicas ao Vivo

08/11/21 | 12:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e as tres universidades públicas consensúan o seu maior Plan de financiamento, que mobilizará máis de 3.200M€ ata 2026, 761M€ máis que no período anterior

Román Rodríguez agradece aos reitores “o seu compromiso, a súa capacidade de diálogo e a súa xenerosidade á hora de sacar adiante un acordo tan relevante”

07/11/21 | 16:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

A Xunta agradece aos expertos participantes en “Carta de Santiago” as suas achegas para afrontar os retos da sociedade poscovid

Este foro internacional, organizado polo Goberno galego en colaboración coa Fundación Paideia Galiza, reuniu no Gaiás a 40 especialistas en ciencia, cultura, medio ambiente ou cambio social

07/11/21 | 12:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As bibliotecas escolares da Xunta, nominadas ao Premio Internacional Astrid Lindgren, un dos máis valorados do mundo no ámbito infantil e xuvenil

A rede desenvolvida nos colexios galegos, é o único proxecto institucional nomeado en representación de España, que compite con 282 candidaturas de 71 países

06/11/21 | 17:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O foro internacional "Carta de Santiago" procura respostas para retos sociais como as migracións masivas da man de especialistas como Joséphine Goube

Organizado pola Xunta, reúne estes días na Cidade da Cultura a 40 líderes en ciencia, cultura, medio ambiente ou cambio social para debater arredor dos retos globais

06/11/21 | 12:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os traballos con dirección novel gañan peso nas axudas da Xunta ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais

Nove das 17 propostas adxudicatarias da convocatoria deste ano apostan por directoras e directores que se están a iniciar na realización de longametraxes

06/11/21 | 10:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O secretario xeral de Educación destaca a importancia da función directiva para a mellora do sistema

José Luis Mira participou na inauguración da xornada formativa dos futuros directores

05/11/21 | 19:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta loa a contribución do Museo do Gravado de Ribeira á hora de divulgar e impulsar as artes gráficas en Galicia nos últimos 20 anos

Anxo M. Lorenzo salienta tanto o seu labor de catalogación, estudo e difusión como a posta en marcha dunha Biblioteca Ilustrada e mesmo un obradoiro de gravado

05/11/21 | 17:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os fotógrafos Michel Le Belhomme e Miguel Ángel Tornero ofrecerán obradoiros na Biblioteca de Lugo no marco da mostra ‘Percorrer o tempo’ da Xunta

Inclúense no programa da exposición itinerante que transforma contedores de barco en salas de proxección coa mirada de prestixiosos artistas visuais e que chega a vindeira semana a Lugo