Hemeroteca
Noticias publicadas antes de 2023
O Gaiás acollerá diálogos entre 40 líderes en ciencia, cultura, medio ambiente e cambios sociais no encontro internacional ‘Carta de Santiago’
Representantes da Organización Mundial da Saúde e a OCDE, científicos recoñecidos polo MIT, Cambridge ou Harvard, premios de ensaio, divulgación ou emprendemento social presentarán nesta cita ideas innovadoras
A Xunta inviste máis de 3,4M€ en 21 centros educativos da Coruña para adaptalos ao Plan de nova arquitectura pedagóxica pos-covid
Gonzalo Trenor visitou o CEIP Salgado Torres no que se investiu máis de 276.000 euros na substitución da cuberta
O CGAC acolle a mostra de Clara Carvajal 'Por unha bioloxía da imaxe', que afonda na dimensión plástica e escultórica da fotografía
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe a exposición, acompañado pola artista madrileña, a comisaria, Zara Fernández de Moya, e o director do Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago Olmo
A Xunta traballa para incorporar as ensinanzas de bacharelato canto antes no instituto Pedras Rubias, de Salceda de Caselas
O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Manuel Vila, explicou no Parlamento que esta oferta está vinculada ás obras de ampliación do centro, que a Xunta prevé licitar no primeiro trimestre do próximo ano
A Xunta ultima o Plan de Linguas co obxectivo de consolidar o modelo plurilingüe de calidade iniciado hai unha década e que beneficia a 100.000 alumnos
Román Rodríguez salienta que a mellora das competencias lingüísticas dos estudantes é unha acción prioritaria de cara ao seu futuro profesional
A Xunta proxecta a renovación das envolventes dos colexios Pedro Caselles e Pintor Antonio Fernández e da iluminación no CEIP Sobrada de Tomiño
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, anuncia estas actuacións, que agora se atopan en fase de licitación cun orzamento global de 513.000€, nunha visita aos colexios
A Xunta colabora coa Universidade de Santiago na posta en marcha dun laboratorio de innovación e economía social
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, participou na presentación do proxecto LIES_GA para a formación, asesoramento e fomento do espírito emprendedor entre o alumnado universitario
Fernández-Tapias anuncia a adxudicación no vindeiro mes de novembro da rehabilitación integral do IES San Tomé de Freixeiro por 1 millón de euros
A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou o centro educativo para presentar xunto aos técnicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade o proxecto que, dixo, “suporá unha importante mellora desde o punto de vista enerxético”