Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

23/06/21 | 12:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre unha nova liña de axudas de 1M€ para impulsar unha vintena de concertos no Xacobeo 21-22

Os espectáculos musicais desenvolveranse en municipios de máis de 15.000 habitantes ou de interese turístico para contribuír á reactivación da cultura

23/06/21 | 10:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os centros educativos poderán acollerse a 42 programas de innovación educativa a través do Plan Proxecta+ o próximo curso

A Xunta abre a convocatoria para o 21-22, con accións enfocadas á mellora da calidade a través de actuacións no eido da igualdade e a coeducación, a competencia dixital a promoción da saúde, a educación intercultural ou a transición ecolóxica

22/06/21 | 16:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta introduce apoios específicos ás produtoras audiovisuais no programa de financiamento para pemes

Os directores do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Fernando Guldrís, e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, reuníronse co Clúster Audiovisual Galego e coa Asociación Galega de Produtoras Independentes para avanzarlles as condicións especiais destas axudas para as empresas do sector

22/06/21 | 14:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias clausura o curso escolar no CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro de Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo felicitou as direccións dos centros educativos e aos profesores polo traballo realizado este ano no que, malia pandemia, se mantiveron os estándares de calidade e a presencialidade nas aulas

22/06/21 | 14:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración ; A Presidencia da Xunta

Feijóo reedita o compromiso co retorno dos galegos do exterior e salienta que os mozos beneficiarios das Bolsas de Excelencia para estudos de másters contarán cun 30% máis de prazas

Destaca que nesta quinta convocatoria cada mozo contará cunha achega de entre 7.000 e 11.475 euros; ademais dunha oferta de 90 másters nas tres universidades galegas, nove máis que na edición anterior

22/06/21 | 13:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incrementa un 33% os fondos da nova edición do programa ‘Cultura no Camiño’ para concellos de toda Galicia

O DOG publica hoxe as bases destas subvencións ás entidades locais, cun orzamento de 1M€ co obxectivo de fomentar a reactivación cultural no marco do Xacobeo 21-22

22/06/21 | 13:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez felicita á comunidade educativa polo extraordinario traballo deste curso, que garantiu a presencialidade e unha incidencia da covid menor que no conxunto da sociedade

Román Rodríguez subliña que as medidas adoptadas, os protocolos en marcha e o compromiso de profesores, equipos directivos, persoal non docente, alumnos e familias fixeron posible garantir a seguridade sanitaria e preservar a calidade académica

22/06/21 | 13:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Luis López cualifica con "matrícula de honra" ás comunidades educativas e ás familias por celebrar un curso seguro fronte á covid-19 e cun ensino de calidade

O delegado territorial asiste á clausura do ano académico no CPI de Rodeiro xunto ao alcalde, Rubén Quintá, e destaca o esforzo de profesores, alumnos, familias e da Xunta para sacar o curso adiante conformando os centros como lugares seguros

22/06/21 | 13:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta agradece a todo o colectivo escolar o labor exemplar desenvolvido neste ano

O delegado territorial da Xunta en Ourense saudou ao equipo directivo, ao profesorado e equipo de mantemento aos que amosou o seu recoñecemento “polo traballo absolutamente impecable para garantir a máxima seguridade sanitaria nas aulas, así como a máxima presencialidade”

22/06/21 | 12:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta recoñece cos premios do Super Reto Digicraft a alumnado dos colexios Corvillón, de Cambados, e Vista Hermosa, de Ourense

O alumnado e os profesores de 3º e 6º curso elaboraron murais tecnolóxicos interactivos nos que describen como consideran que debe ser o colexio do futuro