Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

17/06/22 | 17:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Filmoteca de Galicia estrea en Santiago os catro filmes de ‘Cinema en curso’ realizados por preto de 90 estudantes de primaria e secundaria

O Salón Teatro recibiu o alumnado dos CEIP Tenorio de Cercedo-Cotobade e A Rúa de Cangas, do CPI O Cruce de Cerceda e do IES O Mosteirón de Sada para presentar as fitas que rodaron xunto aos cineastas Ángel Santos, Xacio Baño e Otto Roca

17/06/22 | 15:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta renova totalmente as instalacións do colexio CEIP plurilingüe San Marcos de Abegondo cun investimento de preto de 800.000€

Román Rodríguez destaca que esta rehabilitación integral dota o centro de espazos máis amplos e máis saudables, adaptados aos criterios establecidos polo Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

17/06/22 | 14:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e Afundación convidan na Coruña a imaxinar o porvir da nosa comunidade a través do diálogo entre ciencia e arte que establece a mostra ‘Galicia futura’

Exhibe obras de numerosos artistas vencellados á cidade herculina –como Vítor Mejuto, Xulia Pisón, Christian García Bello, Estíbaliz Espinosa ou Damián Ucieda– e conta con colaboradores como os científicos María D. Mayán e Moisés Canle

17/06/22 | 13:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza o seu apoio ao Festival de música clásica Bal y Gay, que arranca en agosto na Mariña lucense na súa edición máis internacional

Duplícase o apoio a este certame do que Román Rodríguez resalta o “salto de calidade e prestixio” nas súas nove edicións que o consolida como referente

17/06/22 | 12:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias destaca a “excelencia” da nova biblioteca do CEIP Escultor Acuña reformada co Plan LÍA

A delegada territorial de Xunta en Vigo coñeceu o proxecto pedagóxico da nova biblioteca do centro escolar posto en marcha cunha achega de 51.000 euros da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

17/06/22 | 11:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 23.000 persoas concorren esta fin de semana ás oposicións de Educación nas 145 sedes habilitadas pola Xunta en 14 localidades de toda Galicia

Todas as probas serán en centros educativos, ben sexan colexios, institutos ou centros de FP e universitarios

16/06/22 | 19:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Valentín García participa na entrega do Premio de Novela Camiño de Santiago á obra ‘Cruzados polo camiño’ de José G. Barral

Trátase dun galardón impulsado pola Academia Xacobea que conta co apoio da Xunta de Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística tamén interveu na presentación do poemario ‘A mar, amar’ de Xosé Luna
16/06/22 | 19:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez agradece o labor de mecenado de Afundación ao traer a Galicia unha das exposicións máis representativas da arte contemporánea cubana

O conselleiro de Cultura participa en Vigo na inauguración de ‘Soños dun navegante. Colección de Arte Cubana Contemporánea Luciano Méndez Sánchez’

 

16/06/22 | 17:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta a importancia da formación de adultos para un envellecemento activo e a adquisición de competencias tecnolóxicas

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidade exerce como padriño da gradación en Historia da Filosofía pola UNED Sénior en Pontevedra

16/06/22 | 14:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre a 10ª edición do programa ‘Cultura no Camiño’ coa convocatoria aos concellos das Rutas Xacobeas

Destina 230.000 á liña de subvencións á que poden optar as entidades locais para programar espectáculos de artes escénicas e musicais entre o 15 de xullo e o 10 de setembro no marco da celebración do Xacobeo 21-22