Fernández-Tapias destaca a “excelencia” da nova biblioteca do CEIP Escultor Acuña reformada co Plan LÍA
A delegada territorial de Xunta en Vigo coñeceu o proxecto pedagóxico da nova biblioteca do centro escolar posto en marcha cunha achega de 51.000 euros da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acudiu este venres ao CEIP Escultor Acuña para visitar a nova biblioteca posta en marcha a través do Plan Lía 2021-2025 (Lectura, Información e Aprendizaxe) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Investimentos en Vigo
Por outra banda, a delegada territorial lembrou que o plan de investimentos da Xunta de Galicia en grandes infraestruturas educativas de Vigo para o período 2022-2025 chega ata os 25 millóns de euros, dos que 6,4 xa están en execución ou aprobados e outros 1,4 adícanse a gastos de mantemento e obras entre 2021 e 2022.
Así, detallo que xa están en execución 2,6 millóns en tres infraestruturas (San Tomé, Conservatorio Superior de Música e CEIP Virxe do Rocío), hai outros 16 investimentos aprobados e pendentes de iniciar por valor de 2,7 millóns e 1,2 millóns máis para obras en proxecto, redacción ou licitación. Por último, outras tres actuacións están programadas ou en valoración cun custe de 17,1 millóns, entre eles os case 12 do IES de Navia.
No que se refire ás obras menores en centros educativos de Vigo, a Consellería de Educación levará a cabo un investimento de 1,4 millóns de euros entre 2021 e 2022.