Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia Calidade difunde en Madrid a excelencia dos viños galegos
Os produtos de once adegas certificadas polo selo de garantía están presentes nun curso para sumilleres e profesionais da restauración que se celebra hoxe e mañá, impartido por Jorge Vila, da Galicia Wine Academy
A Xunta de Galicia destaca en Sevilla a aposta que se está realizando por impulsar unha minaría sostible
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá na XVIII Reunión Anual do Consello Superior de Colexios de Enxeñeiros de Minas de España con directores xerais de Industria, Enerxía e Minas
A Xunta destinará máis de 20 M€ o próximo ano a colaborar co tecido empresarial galego para manter o mellor ciclo exportador da súa historia
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe en Muxía na inauguración da XII Semana Internacional Contract Galicia, que reúne a empresas do ramo e prescritores para compartir as tendencias e oportunidades de negocio en torno a esta canle de distribución de produtos e servizos
Un total de 13 profesionais de alta cualificación incorpóranse a empresas e centros de coñecemento a través do programa Talento Sénior
A Xunta impulsa estas contratacións con preto dun millón de euros co obxectivo de fomentar a atracción e o retorno de talento
A Xunta abre mañá luns o prazo de presentación de candidaturas para os Premios Artesanía de Galicia
O Premio Artesanía de Galicia, dotado con 9.000 euros, está destinado a unha obra ou colección realizada por un obradoiro artesanal
A Xunta duplicará as deducións das familias numerosas na declaración do IRPF para o ano 2023
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu hoxe en Santiago de Compostela ao XIII Congreso Nacional da Federación Española de Familias Numerosas
A Xunta destaca no Barco o papel das asociacións de comerciantes no impulso aos negocios locais
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou no sorteo da iniciativa ‘Mercar no teu comercio ten premio’, organizada a nivel autonómico pola Federación Galega de Comercio e coa colaboración neste caso da Asociación de Comerciantes do Barco
A Xunta destaca o papel da noite da enerxía na visibilización da transición enerxética en Galicia
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta tarde no acto celebrado en Ourense
A Xunta duplica en 2023 os fondos destinados a aforro e eficiencia enerxética
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, apunta nun networking con empresarios en San Cibrao das Viñas (Ourense) que reducir o prezo da factura enerxética está sendo cada vez máis determinante para a competitividade
A Xunta achegou 141.000 euros a 20 axencias de viaxes lucenses a través das liñas de apoio ao sector
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Goberno galego acaba de resolver a convocatoria de axudas de 2022, que se suma ás aprobadas o ano pasado