Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta aproba o proxecto de construción para acondicionar o trazado da estrada AC-110, no concello das Somozas
A actuación suporá un investimento autonómico de máis de 403.000 euros e un prazo de execución de 6 meses
A Xunta aproba o proxecto de construción do acceso á autovía autonómica AG-53 en sentido Ourense desde Dozón cun investimento de máis de 1 millón de euros
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten previsto o levantamento de actas previas este outono e licitar a obra en novembro, para a súa execución no 2021
A Xunta estenderá ao conxunto da comunidade as vantaxes do transporte metropolitano de Galicia
Feijóo incide en que a Área Única de Transporte prevé a mesma tarifa para toda Galicia en función exclusivamente da distancia
A Xunta avanza nas actuacións na potabilizadora municipal de Pontedeume coa fin de mellorar o funcionamento do sistema de abastecemento
O Goberno galego investirá 1,5 M€ na emerxencia do río Eume e no abastecemento de Pontedeume, destinando a maior parte á modernización da estación de tratamento de auga potable municipal
A Xunta remata as obras de mellora dos aparcadoiros e da vía de acceso ao hospital Naval de Ferrol
Os traballos, que comezaron na segunda quincena de agosto, consistiron na renovación do firme do vial perimetral, ademais de actuar sobre uns 5.000 m2 dos aparcadoiros
A Xunta pon en valor o protocolo de prevención específica fronte á covid-19 para facer do autobús compartido o máis seguro de todos os medios de transporte público
Ignacio Maestro subliña a celeridade do Goberno galego que, xa antes de decretarse o estado de alarma, dispuxo as primeiras medidas para favorecer unha mobilidade segura e un servizo de transporte de calidade e coas máximas garantías
A Xunta convoca para novembro e decembro os actos expropiatorios para executar dúas sendas na estrada PO-551, ao seu paso polos concellos de Bueu e Marín
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a convocatoria, que fixa o levantamento de actas previas dos terreos precisos para construír estas sendas, entre Bagüín e Seixo e entre Trasouto e O Alto da Portela
Un total de trece empresas presentan ofertas para a redacción do proxecto construtivo das actuacións necesarias para minimizar o risco de asolagamento en Xunqueira, no concello de Viveiro
O contrato, cun importe de 67.000 euros, ten un prazo de execución de 6 meses
Ethel Vázquez avanza que o barrio de Conxo chegará a 2021 máis humano, seguro e ordenado grazas a un investimento da Xunta de 2,7 millóns de euros
Vázquez Mourelle subliña que as obras están na súa fase final e acadan un grao de execución do 75%, polo que estarán rematadas antes de fin de ano
A Xunta inicia as obras de rehabilitación da Casa do Legoeiro do Outo do Cumial e de posta en valor da contorna da Vía da Prata, ao carón da estrada autonómica OU-105, no concello de Ourense
Os traballos, cun investimento de preto de 48.000 euros, prevén o seu remate entre finais de novembro e principios de decembro