Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

27/12/21 | 13:39 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo as posibilidades que ofrece para o sector primario a produción en ecolóxico tanto a nivel económico como ambiental

José Luis Cabarcos destacou que os produtos ecolóxicos, ao contribuír a protexer o medio natural, son cada vez máis demandados polos consumidores a nivel internacional

27/12/21 | 13:16 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega material de prevención de incendios a veciños de Silleda para fomentar a participación cidadá nas tarefas de xestión da biomasa

Entregáronse rozadoiras, motoserra, discos e cadeas, kit de equipo de protección individual, así como chaquetas e pantalóns, concibido todo iso especificamente para a prevención

27/12/21 | 13:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta destina preto de 5 millóns de euros para plans de mellora, incorporación de mozos á actividade agraria e pequenas explotacións na provincia de Ourense

O delegado territorial salientou que no caso dos investimentos en explotacións agrarias aprobáronse 81 solicitudes, cun importe 2.367.101 millóns de euros en Ourense

27/12/21 | 12:48 | C. do Medio Rural

A Xunta e os grupos de desenvolvemento rural galegos traballarán na posta en marcha dos instrumentos de recuperación da terra agraria

Inés Santé salientou a importancia de que os propios grupos poidan aconsellar e orientar ás persoas mozas que se incorporen á actividade agraria en materia de información, formación, análises técnicas e asesoramento xurídico

27/12/21 | 11:27 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia o procedemento de aprobación para o desenvolvemento de dous polígonos agroforestais de iniciativa pública nos concellos de Oímbra e Cualedro

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os dous acordos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, que dan lugar ao comezo destes procesos de recuperación de terras

25/12/21 | 12:00 | C. do Medio Rural

A Xunta recibe case 170 propostas na convocatoria de consultas preliminares ao mercado do plan de innovación de aldeas intelixentes

O plan enmárcase no concepto de Smart Villages da Unión Europea e ten como obxectivo a creación dun territorio rural intelixente no que se potencien os grandes valores das áreas rurais

22/12/21 | 16:37 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Ponteceso colaborarán na posta en valor de terras neste municipio a través das ferramentas da Lei de recuperación

Na reunión, o titular de Medio Rural animou ao rexedor a localizar zonas para desenvolver dous posibles polígonos agroforestais e avaliáronse, así mesmo, liñas de cooperación en materia de prevención e defensa fronte os incendios forestais

21/12/21 | 17:21 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a importancia da transferencia da innovación aos sectores primarios co fin de mellorar a súa competitividade e sustentabilidade

José Luis Cabarcos visitou unha iniciativa relacionada co sector forestal, outra sobre mellora da garantía de orixe do Mel de Galicia e unha terceira arredor da valorización do bagazo para a elaboración de vermicompostaxe

20/12/21 | 17:26 | C. do Medio Rural

A Xunta finaliza a instrución aos técnicos dos seus centros de coordinación de extinción no marco do Plan de formación do servizo antiincendios galego

A iniciativa, que se desenvolveu entre os meses de novembro e decembro, centrouse no estudo das situacións sinópticas previas ao inicio do incendio, na análise dos parámetros do comportamento do lume e nas estratexias precisas para lograr a súa extinción

20/12/21 | 14:10 | C. do Medio Rural

A Xunta entrega máis de 13 toneladas de produtos agroalimentarios de Mercaproximidade ao Banco de Alimentos de Lugo

No conxunto de Galicia, a Consellería do Medio Rural fará entrega estes días de preto de 63 toneladas de produtos agroalimentarios aos diferentes bancos de alimentos