Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

17/12/21 | 12:34 | C. do Medio Rural

A Xunta pon os queixos e meles distinguidos nas Catas de 2021 como exemplos de que Galicia etiqueta calidade

José González facía alusión así á nova campaña impulsada polo Goberno galego, para divulgar o bo facer da xente do mar e do agro da nosa comunidade

16/12/21 | 13:07 | C. do Medio Rural

A futura Lei da calidade alimentaria da Xunta apostará pola produción excelente de proximidade, san e sustentable que sempre distiguiu a Galicia

Neste acto, José González trasladou que esta norma entrará no Parlamento no vindeiro ano 2022 e salientou que supón “a nosa aposta definitiva pola calidade, pola singularidade e pola diferenciación”

16/12/21 | 10:32 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca 2,1 M€ en axudas para a promoción do viño galego en países de fóra da Unión Europea

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que regula estas subvencións, ás que poden acollerse empresas, cooperativas e outras entidades asociativas do sector

15/12/21 | 12:54 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia a creación do selo Galicia Calidade Alimentaria, que englobará os produtos agroalimentarios con excelencia recoñecida e afondará na súa promoción

Explica que este novo distintivo agrupará os produtos con denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, marcas de garantía como Galega 100%, as razas autóctonas e o selo PescadeRías

15/12/21 | 11:33 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural inviste preto de 2 M€ en adquirir 120 vehículos novos para as oficinas agrarias comarcais ou os servizos de control da calidade

José González puxo de relevo esta renovación do parque móbil co obxecto de garantir a seguridade do persoal da Consellería que debe desprazarse pola comunidade para levar a cabo as súas tarefas

14/12/21 | 18:14 | C. do Medio Rural

A Xunta avaliará a proposta do concello de Mesía para colaborar na adecuación de camiños no municipio co fin de previr incendios forestais

Na reunión analizouse a proposición municipal de cooperar no acondicionamento e limpeza de varios vieiros na parroquia de Boado, coa finalidade principal de anticiparse ao lume

14/12/21 | 10:46 | C. do Medio Rural

A Xunta ponse en contacto con case 700 entidades e produtores interesados en recuperar terra en Galicia para instalos a implementar polígonos agroforestais

Tras recibir as súas solicitudes ao abeiro da Manifestación de interese emitida en marzo pola Consellería do Medio Rural, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural vén de enviarlles as zonas de reestruturación parcelaria cun abandono superior ao 50 %

13/12/21 | 13:51 | C. do Medio Rural

A I Mostra de Calidade Alimentaria da Xunta acollerá presentacións, entregas de premios e foros sobre gastronomía galega saudable e dieta atlántica

A inauguración deste evento terá lugar o mércores nun acto que estará presidido polo xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo

13/12/21 | 13:36 | C. do Medio Rural

A Xunta asina un convenio con catro comunidades de regantes da Limia para a construción de 42 novos pozos de sondaxe de auga por case 4 M€

A sinatura fíxose efectiva entre a Consellería do Medio Rural e as comunidades de regantes de San Salvador de Sabucedo, Lamas Ganade, Corno do Monte e Alta Limia

12/12/21 | 12:15 | C. do Medio Rural

Case 1.650 escolares galegos poderán degustar dende mañá menús de Nadal elaborados con máis de 600 kg de produtos agroalimentarios distribuídos pola Xunta

A iniciativa enmárcase na rede Mercaproximidade, a canle alternativa de comercialización habilitada polo Goberno galego ao inicio da emerxencia sanitaria para darlles saída ás producións do sector primario da nosa comunidade