Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

20/08/21 | 17:21 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Sandiás analizan as actuacións que se van levar a cabo na comarca da Limia para potenciar o sector agrario da zona

O conselleiro do Medio Rural mantivo un encontro telemático co alcalde para coñecer as necesidades e demandas dos veciños deste municipio ourensán

20/08/21 | 15:01 | C. do Medio Rural

A Xunta rozou unhas 100 hectáreas en Sabucedo para facilitar a alimentación do gando cabalar

José Balseiros destacou que esta iniciativa se enmarca no plan de pastos que desenvolve a Consellería do Medio Rural e tamén no seu compromiso a prol do benestar animal

20/08/21 | 10:55 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un curso sobre a alimentación apícola nas Pontes

A acción formativa, que levará a cabo a Agacal, ten previsto desenvolverse o vindeiro venres 27 de agosto no centro de usos múltiples Casa Dopeso do concello coruñés das Pontes

19/08/21 | 17:10 | C. do Medio Rural

A Xunta mellorará e ampliará a base aérea antiincendios de Muíños para reforzar a defensa do Xurés

José González enmarcou esta iniciativa nas melloras constantes que se fan, por parte da Xunta, nas infraestruturas de loita contra o lume e en particular no sur da provincia ourensá

19/08/21 | 13:54 | C. do Medio Rural

A Xunta dispón dun operativo de extinción de lumes con máis de 150 efectivos en 19 brigadas e 14 motobombas para Deza e Tabeirós-Montes

O delegado territorial, Luis López, e o alcalde da Estrada, José López, visitan a base comarcal do servizo en Codeseda para supervisar o seu funcionamento

19/08/21 | 13:17 | C. do Medio Rural

A Xunta forma na Cañiza ao sector da castaña en materia de nocións básicas para o aproveitamento dos soutos

Organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), o curso desenvolverase o vindeiro xoves 26 de agosto no auditorio da Casa da Cultura do concello pontevedrés da Cañiza

19/08/21 | 11:44 | C. do Medio Rural

A Xunta suma sinerxías nos montes galegos co despregamento de medios humanos e tecnolóxicos para detectar condutas e presuntos incendiarios

José González destacou que a Xunta conta con 12 drons para tarefas de vixilancia e prevención, que se suman aos que aporta o Exército

18/08/21 | 16:28 | C. do Medio Rural

A Xunta enxalza o labor do operativo antiincendios enviado desde Galicia para contribuír á extinción do lume que afecta distintas localidades de Ávila

En concreto, desprazáronse na medianoite do domingo catro brigadas, dous axentes, un técnico e dúas motobombas do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais (SPIF), ademais dun camión cisterna da Axencia Galega de Emerxencias

18/08/21 | 13:43 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta pola innovación e a sustentabilidade no sector primario mediante cultivos en auxe como os arandos de produción ecolóxica

José Balseiros destacou que Bio Fruit Farmers conta coa maior parcela de arandos do norte da península e está en proceso de adquisición de novos predios para converterse en líder do Estado en bagas orgánicas, así como no maior produtor de kiwi de España

18/08/21 | 12:54 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa un curso en Ribadumia sobre a comercialización de produtos de viticultura ecolóxica

A acción formativa ten previsto desenvolverse os vindeiros días 26 e 27 de agosto na Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia, dependente da Evega, en horario de mañá e tarde