Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta cedeu o ano pasado a Portugal, Asturias, Cantabria e País Vasco preto de 30.000 parasitoides para facer fronte ao psílido africano dos cítricos
Criados nun viveiro situado na localidade ourensá de Maceda, os insectos da especie Tamarixia dryi acadaron unha dispersión de máis de 4 km dende os puntos de solta, logrando un parasitismo sobre esta psila superior ao 70%
A Xunta eleva ata os 30 millóns de euros as axudas para a transformación e a comercialización de produtos agrarios
O Diario Oficial de Galicia publicará proximamente esta orde de achegas da Consellería do Medio Rural, cuxo importe é un 15% superior ao da última convocatoria
Galicia, Castela e León, Asturias e Cantabria poñen en común medidas para garantir aos gandeiros o cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria
José Balseiros presentou na xuntanza as vantaxes que a aplicación Conta Láctea ofrece aos produtores do vacún de leite, para calcular os seus custos e mellorar a súa posición negociadora coas industrias
Axentes ambientais da Xunta identifican o presunto autor dun incendio forestal rexistrado onte en Oza-Cesuras
A Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) e a Garda Civil investigan unha presunta agresión a un axente ambiental neste lume
A Xunta convoca as axudas para as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras cunha dotación de 2,15 M€
Estas entidades desenvolven os programas de prevención e control de determinadas enfermidades animais, que melloran as condicións hixiénicas e de benestar animal das explotacións e contribúen a manter o bo estado sanitario da cabana galega
A Xunta alleou 19 lotes de madeira por máis de medio millón de euros na última poxa pública electrónica celebrada en Pontevedra
Os importes acadados confirman a suba de prezos da madeira de coníferas avanzada en anteriores poxas, sendo previsible que continúen á alza no futuro debido á súa alta demanda internacional polas súas múltiples aplicacións
A Xunta celebra que a superficie galega baixo instrumentos de xestión ou ordenación forestais aumentou un 65% desde 2018, pasando dunhas 233.000 hectáreas a máis de 385.000 ha
O DOG publica hoxe a orde de axudas de 2022 que destina máis de 6 millóns de euros a seguir facilitándolles aos propietarios que dispoñan dunha ferramenta técnica coa que organizar os seus recursos forestais e garantir unha xestión sustentable do monte
A Xunta convoca preto de 8 millóns de euros en axudas para a plantación de frondosas e coníferas nunhas 4.000 hectáreas de montes galegos
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de axudas da Consellería do Medio Rural, que procura favorecer o aumento da diversidade e da superficie forestal arborada, ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios
Feijóo avanza unha nova convocatoria de axudas para apoiar a transformación e comercialización de produtos agrarios que contará cun orzamento de 30 M€
Asevera que a Xunta seguirá comprometida co sector: defendendo os seus intereses na negociación da futura PAC; fomentando a súa profesionalización; ou coa Lei de recuperación da terra agraria, que permite mobilizar terras abandonadas ou infrautilizasas
A Xunta incorpora xa dende mañá 627 novos efectivos fixos descontinuos de 9 meses para realizar labores de prevención e extinción de incendios forestais
Este persoal realizará tanto tarefas de extinción como accións preventivas sobre o territorio