Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2295 novas da área temática Sanidade da C. de Sanidade:

28/10/22 | 18:23 | C. de Sanidade; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta incrementa o orzamento sanitario ata preto dos 5.000 millóns de euros, coas maiores subas nos fondos para Saúde Pública, Atención Primaria e formación de novos especialistas

A aposta pola Saúde Pública tradúcese nun incremento dun 17% do orzamento para estas políticas ata chegar aos 106 millóns de euros, que financiarán as ampliacións dos programas de vacinación e cribado, o inicio do Plan de Obesidade Zero, a dixitalización dos sistemas de saúde pública ou a posta en marcha do Centro Galego para o Control e Detección de Enfermidades

28/10/22 | 16:42 | C. de Sanidade

O Sergas rexistrou máis de 13.800 códigos ictus desde o inicio do plan no ano 2016

Con motivo do Día Mundial do Ictus, que se celebra mañá 29 de outubro, a Consellería de Sanidade lembra a importancia da súa detección precoz

27/10/22 | 10:49 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.397 casos activos por coronavirus

Un total de 676.241 pacientes xa están curados

27/10/22 | 10:42 | C. de Sanidade

O DOG publica o novo decreto sobre vixilancia sanitaria das augas de baño que incorpora un rexistro e a obriga de informar do estado das augas

O Decreto establece tamén os modelos de solicitudes de alta, modificación e baixa no rexistro, delimita as competencias das autoridades sanitarias, inclúe a actualización do control de calidade sanitaria das augas e regula a información que se facilita á poboación

26/10/22 | 20:14 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade
26/10/22 | 15:05 | C. de Sanidade

García Comesaña presenta a nova unidade de ensaios clínicos en fases temperás e garante o labor de excelencia dos investigadores galegos

Desde agora, Galicia conta con unha das 17 unidades de Ensaios Clínicos de Fases Temperás acreditadas, do conxunto 39 que hai en toda España

26/10/22 | 12:44 | C. de Sanidade

A Xunta lembra a recomendación da vacinación da gripe para os nenos e nenas de 6 a 59 meses

Consellería de Sanidade enviou onte preto de 62.000 SMS a pais, nais e titores de menores deste grupo de idade indicando a recomendación desta vacina

26/10/22 | 11:29 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.320 casos activos por coronavirus

Un total de 676.126 pacientes xa están curados

25/10/22 | 14:16 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade achégase a doar sangue e lembra que son necesarias entre 400 e 500 doazóns diarias

Julio García Comesaña salienta a necesidade de incrementar o volume de doazóns dos grupos sanguíneos Cero Positivo e A Positivo, que nestes momentos atópanse nun nivel baixo

24/10/22 | 14:12 | C. de Sanidade

A Xunta amplía ata superar o millón de euros as axudas para os programas de saúde mental

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da última ampliación de crédito destas axudas, o que permite apoiar a máis de 50 proxectos