Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

26/10/21 | 15:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta distribuíu 370.000€ de axudas á hostalería dos concellos da provincia de Lugo adheridos á plataforma do Goberno galego

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou hoxe que o Goberno galego repartiu 2,5M€ de axudas dos municipios galegos para destinar a 2.400 hostaleiros dos seus concellos a través do sistema da Xunta para abonar os fondos do Plan de Rescate co obxectivo de axilizar os pagos

26/10/21 | 14:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta presenta a campaña de vacinación antigripal 2021 na provincia de Ourense

O delegado territorial da Xunta en Ourense resaltou que esta campaña terá como principal novidade a administración simultánea das vacinas da gripe e da covid-19 entre a poboación de 80 ou máis anos e que a campaña será implementada, por primeira vez, de xeito secuencial

26/10/21 | 14:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata as obras de renovación da cuberta e mellora da envolvente térmica do centro de saúde de Mugardos

O delegado da Xunta na Coruña, o xerente da área sanitaria de Ferrol e o alcalde de Mugardos visitaron o centro de saúde para comprobar o resultado da actuación

26/10/21 | 14:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias avoga por visibilizar as persoas con dano cerebral adquirido e avanzar na mellora do seu benestar

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou hoxe nos actos organizados pola Asociación Alento coincidindo co Día Mundial do Dano Cerebral Adquirido

26/10/21 | 13:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta habilita 6 M€ en axudas para mellora e dotación de equipamentos poscovid no sector turístico e da hostalería

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informa desta nova convocatoria da Axencia Turismo de Galicia, que ten aberto o prazo de solicitude ata o 8 de novembro

26/10/21 | 13:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
26/10/21 | 12:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta cataloga case un 1M expedientes xudiciais que serán remitidos á Xunta de expurgación, dos cales o 85% corresponden á provincia de Pontevedra

O obxectivo do plan de Expurgo do Goberno galego é desconxestionar as distintas instalacións xudiciais, organizar a documentación de forma clasificada e redundar nunha mellora na xestión diaria

26/10/21 | 10:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
25/10/21 | 13:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa na mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero da mancomunidade de Santa Águeda

O delegado territorial de la Xunta en Ourense indicou que compete aos poderes públicos a loita para a prevención e a erradicación da violencia de xénero

Gabriel Alén lembrou que a Xunta considera como obxectivos específicos das Mesas Locais de Coordinación contra a Violencia de Xénero a mellora da detección precoz de casos de violencia de xénero

25/10/21 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López califica de 'claves para o forte impulso' de Deza e Tabeirós-Montes os 34,7 M€ de investimentos iniciais proxectados pola Xunta para 2022

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informa das contas para as bisbarras, que inclúen o Centro Integral de Saúde e a ampliación empresarial de Lalín e o arranque da autovía AG-59, os talleres de madeira no IES Losada Diéguez e os novos xulgados da A Estrada como principais actuacións por riba do millón de euros