Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

25/10/21 | 13:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta fixa uns investimentos iniciais por 13,3 M€ para as comarcas do Condado e A Paradanta no proxecto dos orzamentos autonómicos 2022

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informa das contas para as bisbarras, que inclúen a mellora da PO-403, a depuradora e o obradoiro de emprego en Ponteareas, a planta de tratamento de residuos de Arbo, o GES da Cañiza e a ciclovía e a rehabilitación do CEIP Felipe Borbón de Salvaterra, entre outras

25/10/21 | 12:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta renova o seu acordo con Fademga Plena Inclusión para facilitar a comprensión das sentenzas xudiciais ás persoas con discapacidade intelectual

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, asinou hoxe o acordo co presidente da asociación, Eladio Fernández Pérez, para adaptar os fallos xudiciais a lectura fácil

25/10/21 | 12:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias visita a libraría Versus, unha das 44 entidades e empresas da área de Vigo adheridas ao Bono Cultura da Xunta

Os profesionais interesados teñen ata o 18 de novembro para inscribirse na web www.bonocultura.gal e, entre outros requisitos, deberán estar dados de alta nos grupos e epígrafes do Imposto sobre Actividades Económicas indicados nas bases

23/10/21 | 20:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mantén a súa aposta polos servizos públicos compartidos e destinará o vindeiro ano 1,5 M€ ao fondo adicional de fusión de concellos

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, asistiu á inauguración do centro sociocultural de Tenorio, en Cerdedo-Cotobade, que se beneficiou de máis de 618.000 euros do fondo adicional para fusións de concellos do Fondo de Cooperación Local

23/10/21 | 14:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co sector das autocaravanas para regular e asentar a súa oferta en Galicia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe nas Asembleas ordinaria e extraordinaria da Asociación Galega de Autocaravanas, onde sinalou o auxe deste tipo de turismo nos últimos anos e sobre todo debido á pandemia

23/10/21 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o labor altruísta das agrupacións de voluntarios de Protección Civil

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, asistiu á “V Xornada de Convivencia de Voluntarios de Protección Civil en Castrelo do Miño, na que participaron preto de 350 voluntarios da provincia e representantes de 50 asociacións de Galicia

23/10/21 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias subliña o pulo do proxecto de Orzamentos da Xunta á economía, os servizos e as comunicacións que vertebran o sur de Lugo

O delegado territorial de Lugo salienta que se reservan case 8 millóns de euros para avanzar na conversión en autovía da vía de altas prestacións Nadela-Sarria

23/10/21 | 12:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias subliña que o proxecto de orzamentos da Xunta “impulsa a recuperación económica e moderniza os servizos públicos”

O delegado territorial de Lugo salienta que na comarca da Mariña prográmanse investimentos de 4,1 millóns de euros na mellora de infraestruturas portuarias

22/10/21 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta fixa nos orzamentos 2022 uns investimentos iniciais de 38,5 M€ para a comarca do Salnés e de 15,6 M€ para a de Caldas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, concreta as contas para as dúas bisbarras nunha visita ao Hospital do Salnés, ao que se destinarán 769.618€ o vindeiro ano para a súa nova área de esterilización

22/10/21 | 13:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a reactivación do termalismo galego coa posta en marcha do 'Outono Termal'

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a presidenta da Asociación de Balnearios de Galicia, Marisol Espiño, presentaron o programa, co que se lle dá continuidade ao Verán Termal e se segue apoiando ao termalismo, afectado pola paralización das viaxes do Imserso.