Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Policía Autonómica e a Policía Nacional detiveron en Lugo a dúas persoas por tráfico de drogas
No momento da detención, interviron dous axentes que se atopaban fóra de servizo, colaborando tanto no rexistro coma na propia detención dos investigados no marco deste operativo, sendo comisados 82 gramos de cocaína
A Xunta financia a mellora integral de servizos e estética do Museo Municipal Manuel Torres de Marín con 45.000€
O delegado territorial, Luis López, acompañado pola alcaldesa, María Ramallo, visita o comezo das obras, que estarán rematadas no presente exercicio
A Xunta colaborou na posta en marcha do centro de cancro de mama Valeriano Martínez destinado ás persoas refuxiadas dos campamentos saharauís
O centro inaugurado o pasado mércores leva o nome do conselleiro de Facenda e Administración Pública falecido a semana pasada
A Xunta destaca a importancia da solidariedade na presentación da ruta de apoio á investigación do síndrome de Rett
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou no acto de presentación de “Kilómetros de investigación. Ruta de apoio á investigación do Síndrome de Rett”, que partirá de Salceda de Caselas o vindeiro luns 25 de outubro
Fernández-Tapias reúnese con Roberto Relova, o novo director da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, e o seu equipo
A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou as instalacións en Navia do que é un dos poucos centros de España que inclúe tres especialidades na súa oferta educativa
A Xunta financia 23 cursos de acción formativa para desempregados nas bisbarras de Deza e Tabeirós cun investimento de 1,2 M€
O delegado territorial, Luis López, informa desta resolución da Consellería de Emprego e Igualdade nunha visita ás instalacións de Fortec en Silleda, que impartirá nove cursos entre este centro de formación e un de próxima apertura na Estrada
A Xunta pon en valor o potencial do xeodestino Arousa Norte ao que este ano o Goberno galego destina 48.000€ para o seu desenvolvemento turístico
O delegado territorial da Xunta na Coruña informou do convenio de colaboración asinado coa entidade e destacou a súa capacidade de innovar para reforzar os seus atractivos turísticos
Preto de 250 profesionais participan nun webinar sobre as axudas da Xunta para a reactivación do sector turístico
A directora e o xerente de Turismo de Galicia resolveron as dúbidas do sector sobre as axudas que o Goberno galego ten abertas para a dixitalización e a subvención de equipamentos poscovid, dotadas cun total de 12M€.
A Xunta reforza as agrupacións de Protección Civil para dotar aos concellos galegos duns servizos de emerxencias acordes coas necesidades da poboación
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe o concello de San Cristovo de Cea, no que o Goberno galego investiu máis de 12.000 euros nos últimos anos para mellorar a dotación da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e contribuír nos seus gastos de funcionamento
A Xunta inviste máis de 149.000 euros na substitución das carpinterías e na reparación das fachadas do CEIP da Castellana de Aranga
Gonzalo Trenor explicou que as obras previstas suporán un salto de calidade no confort para o alumnado e máis eficiencia desde o punto de vista enerxético