Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

04/09/21 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Román Rodríguez, José González e Nava Castro asisten á etapa 20 de La Vuelta 21 que atravesa ás Rías Baixas

Os delegados territoriais da Xunta en Pontevedra e Vigo, Luis López e Marta Fernández-Tapias, tamén asistiron a saída desde Sanxenxo e estarán esta tarde na chegada á meta en Mos, na penúltima etapa antes de que mañá a competición remate na praza do Obradoiro

04/09/21 | 12:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral de Emigración
03/09/21 | 15:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta anuncia a licitación das obras de mellora no IES As Lagoas por case 1,3M€ de euros

Gabriel Alén explicou que as obras comprometidas na provincia que se están licitando antes de fin de ano, como é o caso do IES As Lagoas, a Xunta destina 7,9M€

03/09/21 | 15:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o potencial de Galicia como destino de benestar e saúde e a capacidade do termalismo para desestacionalizar a oferta turística

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe no curso “Termalismo, saúde e benestar” organizado pola Universidade de Vigo

03/09/21 | 14:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia reactiva a actividade no recinto feiral de Silleda trala covid-19

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Medio Rural, José González, participaron hoxe na inauguración da feira, que acolle a súa 43ª edición tras adiarse o ano pasado debido ás restricións sanitarias pola covid-19

03/09/21 | 12:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita as obras para construír un novo albergue de peregrinos en Piñor

A actuación supón un investimento de máis de 1,1M€ e contará como novidade cun espazo para a recepción de peregrinos a cabalo

02/09/21 | 18:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Nava Castro recibe ao ex xogador da NBA Craig Hodges tras completar a última etapa de 'O camiño remata en Obradoiro'

A directora de Turismo de Galicia acompañou ao protagonista da sétima edición desta iniciativa organizada polo club de baloncesto Monbus Obradoiro para promocionar o Camiño de Santiago

02/09/21 | 15:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta celebra a entrega da Compostela 100.000 e mantén a previsión de pechar este ano por riba dos 140.000 peregrinos

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu a Jorge Manuel Domingues Gonçalves, que chegou a Santiago a través do Camiño Portugués, e invitouno a repetir a experiencia e volver a camiñar a Galicia neste Xacobeo 21-22

02/09/21 | 15:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta axudará a 18 concellos coruñeses con máis de 105.000 euros para redactar os seus plans de acción fronte ao cambio climático

O delegado da Xunta na Coruña informou ao alcalde do Pino, un dos beneficiarios desta orde, da resolución da mesma