Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

23/08/21 | 15:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

Xunta e hostalaría confían en comezar a aplicar o novo modelo de acceso aos locais a principios de setembro

Na xuntanza que tivo lugar esta mañá, achegáronse novas suxestións ás realizadas o pasado o venres, na busca de criterios comúns para garantir o acceso seguro aos locais, independentemente da incidencia acumulada dos concellos

23/08/21 | 15:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta invita a participar no curso de especialización en financiamento europeo para as ONGD galegas

O curso de especialización en financiamento comunitario “TecEuropa”, da Fundación Galicia Europa, desenvolverase entre o 14 e o 24 de setembro

23/08/21 | 13:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa as obras no ximnasio do CEIP de Pena Corneira no concello de Carballeda de Avia

Gabriel Alén explicou que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade investiu máis de 22.000 euros nas obras de adaptación do ximnasio para o seu uso debido á Covid – 19

23/08/21 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta publica no DOG a aprobación do expediente de información pública do proxecto de mellora da seguridade viaria e accesibilidade na PO-330

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, reuníronse coa asociación de veciños de Valadares e os comerciantes de Pereiró para informarlles da tramitación

23/08/21 | 12:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a seguridade no Camiño a través da colaboración con Cruz Vermella para prestar asistencia aos peregrinos ante situacións de emerxencia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na presentación deste programa que funcionará este mes no Camiño Francés coa previsión de prorrogarse e estenderse a outras rutas en 2022

23/08/21 | 11:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a transformación da zona infantil do parque forestal da Illa da Toxa nunha área recreativa para fomentar a conservación da natureza

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, a área na que se instalaron paneis didácticos e xogos de madeira co obxectivo de inculcar valores ambientais á cativada

21/08/21 | 13:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Cunchiña, a mascota virtual do Xacobeo, acompañará ao líder de “La Vuelta 21” no seu percorrido cara a Galicia

O portador do maillot vermello recibirá ao final de cada etapa un dos peluches que simbolizan o Xacobeo 21-22, que acompañará aos ciclistas ata o final do seu percorrido o 5 de setembro na praza do Obradoiro

21/08/21 | 11:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
20/08/21 | 14:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta promove esta fin de semana actividades culturais en preto de vinte concellos lucenses

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade financia actuacións de música, teatro, novo circo ou maxia, que dinamizan as vilas e cidades ao tempo que promocionan aos creadores galegos

20/08/21 | 14:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía ao 50% a ocupación dos albergues para acoller con seguridade aos peregrinos que fan o Camiño

O Goberno galego tomou a decision, que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia, en consenso co sector e atendendo á evolución favorable da situación epidemiolóxica

Unha proba piloto nos establecementos permitirá elaborar un manual de boas practicas na ventilación para seguir aumentando a ocupación se a situación segue mellorando