Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta impulsa un programa de desestacionalización do turismo termal da man de balnearios de Galicia
“Verán Termal” foi presentado esta mañá da man da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a presidenta da Asociación de Balnearios de Galicia, Marisol Espiño
A Xunta estuda coa hostalería e co ocio nocturno medidas que garantan a súa apertura e a seguridade dos seus clientes
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuníronse con representantes do sector para avaliar a nova situación epidemiolóxica en Galicia e como afecta aos seus negocios
Luis López destaca a calidade agroalimentaria e a aposta pola innovación e o mercado exterior de kiwi atlántico
O delegado territorial visita as instalacións da empresa en Ribadumia e mantén un encontro co máximo responsable da firma, Carlos Vila
A Xunta pon en marcha a renovación do seu parque móbil con vehículos de etiqueta medioambiental cero ou eco
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, explicou que esta iniciativa, que conta cun investimento de 6 millóns de euros, contempla a adquisición de 191 vehículos baixo a modalidade de leasing financeiro cun prazo de 48 meses
Rueda destaca a posta en marcha do Plan de Catedrais que, dotado con 38 M€, permitirá a mellora da conservación dos conxuntos catedralicios de Galicia
Afirma que as intervencións afectarán ás basílicas de Lugo, Mondoñedo, Ourense e Tui, así como á antiga catedral de San Martiño de Mondoñedo de Foz e ás concatedrais de San Xiao de Ferrol e de Santa María de Vigo
O Goberno galego puxo xa a disposición do sector turístico galego liñas de axudas por valor de 30 millóns de euros durante o 2021
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, precisou que case o 90% destináronse a unha ducia de liñas xa implantadas, como a Tarxeta Turística, axudas para dixitalización ou para reactivar sectores específicamente afectados
Fernández-Tapias acompaña en Vigo aos participantes do Camiño Verde, a proposta de Asdegal no marco do programa de “O Teu Xacobeo”
A delegada territorial en Vigo subliña a aposta da Xunta por fomentar e potenciar a inclusión en materia turística e por un Camiño de Santiago accesible e seguro
A Xunta impulsa a rehabilitación de cinco inmobles concedendo 1,2 M€ en préstamos sen xuros a tres concellos lucenses
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que grazas ao Fondo de Cooperación se reforman edificios para servizos públicos en Barreiros, Outeiro de Rei e Mondoñedo
Corenta nenos e nenas desfrutarán este verán da natureza e da aventura no minicampamento da Xunta 'Á conquista de Foz'
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou hoxe aos rapaces e rapazas de 10 a 14 anos que participan esta semana na primeira quenda da actividade