Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

06/07/21 | 13:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Consellería de Emprego e Igualdade concede cadanseus obradoiros xuvenís aos concellos de Lalín e A Estrada cun investimento de 740.000€

O delegado territorial, Luis López, informa desta resolución nunha visita, co alcalde, Xosé Crespo, ao taller dual Lalín Foresta III nas súas tarefas de limpeza do Paseo do Pontiñas

06/07/21 | 12:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e TSXG visitan as obras da Cidade da Xustiza coas plantas praticamente rematadas ao cen por cen

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda puxo en valor o compromiso da Xunta coas infraestruturas Xudiciais. De aí a importante inversión nesta gran obra, mais de 42M de euros para que o antigo Hospital Xeral volva ter uso e arranque como a gran sede xudicial que Vigo e comarca precisa

06/07/21 | 12:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora con ADIF para garantir a conservación do edificio histórico protexido da estación de tren

Gonzalo Trenor e os técnicos da Xunta participaron nun encontro de traballo cos representantes de ADIF para informarlles das recomendacións para protexer este inmoble emblemático da cidade

05/07/21 | 16:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A convocatoria de axudas ás ARI municipais prevé este ano un orzamento de ata 10,2 M€, ao que xa poden optar as seis áreas declaradas de Ferrolterra

Trenor salientou que o DOG publicou a resolución para que os 3 concellos da comarca de Ferrolterra, Ferrol, Mugardos e Neda poidan solicitar fondos para a execución de proxectos de rehabilitación nas seis áreas declaradas nesta zona

05/07/21 | 16:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta confía nas boas perspectivas turísticas do verán da man da marca Galicia, destino seguro

O sector agarda superar a ocupación do 2020 e chegar ao millón de visitantes este verán e aos tres millóns en todo o ano

05/07/21 | 14:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias di que o polígono de Muimenta (Cospeito) reforzará o seu papel estratéxico na Terra Chá coa ampliación que impulsa a Xunta

O delegado territorial de Lugo resaltou que a Administración galega vén de adxudicar as obras para urbanizar 25.100 metros cadrados do parque empresarial, ás que destina 1,3 millóns de euros

05/07/21 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia a metade do custo anual dos 29 GES e 4 servizos municipais da Comunidade cun investimento de 4,8 M€ este ano

O vicepresidente primero da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o GES de Brión, que viu aliviada a súa carga de traballo coa constitución no marco da Comisión de Seguimento dos GES do servizo municipal de emerxencias de Noia

05/07/21 | 12:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia ao Concello de Redondela na adquisición de dous vehículos para labores medioambientais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitaron o municipio, que recibiu unha achega de case 31.000 euros da Xunta para renovar o seu parque móvil con dous todocamiño adaptados para a circulación en praias e terreos abruptos

04/07/21 | 11:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia con preto de 700.000 € á hostalería de Ribadeo a través das máis de 200 axudas distribuídas nos últimos meses

O delegado territorial, Javier Arias, subliñou que os dous primeiros Plans de rescate suman 191 achegas e o programa para o acondicionamento de terrazas outras 16