Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta traballa coas universidades da Crusoe en proxectos de investigación en beneficio da Macrorrexión do Suroeste Europeo
O Conferencia de Reitores das Universidades e Institutos Politécnicos do Suroeste Europeo (Crusoe) está formada por 23 entidades de educación superior de Galicia, Castela e León, Asturias, Cantabria e as rexións norte e centro de Portugal
A Xunta e a Deputación da Coruña reforzan neste Xacobeo a colaboración para promocionar as rutas que pasan pola provincia a través da Mesa dos Camiños
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe xunto co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, na constitución da Mesa de Traballo do Camiño Inglés e do Camiño Fisterra-Muxía ao seu paso pola provincia da Coruña
A Xunta organiza en Taboada un simulacro de incendio forestal para ensaiar o sistema operativo de emerxencias na provincia de Lugo
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou esta mañá no simulacro de “Activación da situación 2” na provincia lucense por un incendio forestal en Taboada
A Xunta presenta á Secretaría de Estado para a UE as actuacións que Galicia está a poñer en marcha con motivo da conferencia sobre o futuro de Europa
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse hoxe co secretario de Estado para a UE e cos responsables autonómicos de asuntos comunitarios para dar a coñecer as iniciativas nas que traballa Galicia
A Xunta concede novos carnés de voluntarios de Protección Civil ás agrupacións de Poio, Vilaboa, Meis e Ribadumia no proceso de actualización dos seus integrantes
O delegado territorial, Luis López, realiza a entrega nun acto celebrado na explanada do edificio administrativo coa presenza dos alcaldes Luciano Sobral, César Poza, Marta Giráldez e David Castro e representantes das catro entidades
A Xunta destinou máis de 617.000€ a 99 restaurantes e cafeterías da comarca de Ferrolterra para facilitar o acondicionamento de terrazas e as vendas a domicilio ou para levar
O Goberno galego aportou 11M€ á dotación da liña para adaptar os espazos exteriores e adquirir materiais de empaquetado de comidas e bebidas
A Xunta destinou 100.000 euros a un programa de alimentación e hixiene para familias venezolanas en colaboración con Unicef
Entregáronse 2.105 bolsas de comida non perecedoira que chegaron a 634 familias, así como material de hixiene para a prevención da covid-19
Unha «music truck» percorrerá durante 20 días os camiños Francés, Inglés e Portugués, para achegar a música galega aos peregrinos
A iniciativa enmárcase na programación do Xacobeo, a través da colaboración coa Fundación La Caixa, e permitirá ofrecer un percorrido sonoro pola historia da música galega máis recente
Trenor participou na entrega de premios da II Peregrinación Escolar do Camiño Inglés incluido no programa “O teu Xacobeo”
O proxecto “Escape Room – Atrévete a percorrer o Camiño Inglés” consistiu nun divertido videoxogo baseado no Camiño Inglés desde Ferrol, no que cada peregrino tivo que superar probas conseguindo os contrasinais
Fernández-Tapias cifra en 1,4 millóns as axudas resoltas para que 202 establecementos de hostalaría da área de Vigo acondicionen terrazas e impulsen as vendas a domicilio
A delegada territorial visitou esta mañá un dos establecementos beneficiados desta orde de axudas pola cal o Goberno galego busca dar a máxima seguridade ao sector da hostalería no desenvolvemento da súa actividade ante a covid-19