A Xunta destinou máis de 617.000€ a 99 restaurantes e cafeterías da comarca de Ferrolterra para facilitar o acondicionamento de terrazas e as vendas a domicilio ou para levar

O Goberno galego aportou 11M€ á dotación da liña para adaptar os espazos exteriores e adquirir materiais de empaquetado de comidas e bebidas

O programa incluíu anticipos da metade do importe que acada o 80% dos investimentos, ata o máximo de 20.000 euros

Mañón (A Coruña), 2 de xuño de 2021

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o restaurante a Goleta en Manón, un dos establecementos beneficiado pola orde de axudas dirixida aos sectores da hostalería e a restauración para facilitar a súa actividade e que sexa compatible coas medidas de protección da saúde ante a covid-19. Con este plan buscouse asegurar a cobertura do maior número posible de investimentos que están a realizar os establecementos no acondicionamento dos espazos exteriores e na posta en marcha do servizo de vendas a domicilio ou para levar.

Tal e como subliñou o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, na comarca de Ferrolterra concedéronse 99 axudas por un importe de máis de 617.000 euros, dunha convocatoria que cubriu o 80% do investimento. En Galicia o goberno galego aportou 11 millóns de euros para esta orde de axudas que ampliou ata en dúas ocasións..

O programa ofreceu apoios directos a autónomos e pemes de menos de 50 traballadores, sendo a axuda mínima de 1200 euros e máxima de 20.000. Ademais, incluíu a achega de anticipos no momento da resolución favorable da axuda pola metade da contía dos gastos realizados.

Entre as características das solicitudes de apoios presentadas, destacou a dimensión dos proxectos de adecuación dos exteriores, xa que unha parte importante dos restaurantes e cafeterías solicitantes acometeron reformas substanciais nesa parte dos seus locais. As axudas facilitadas polo programa puideron destinarse a cubrir os gastos e investimentos realizados para instalar pechamentos estables ou elementos desmontables que sirvan de illamento ou protección, renovación do mobiliario, instalación de sistemas de iluminación e aparatos calefactores nas terrazas, así como de mellora da fachada exterior dos establecementos.

En canto aos apoios destinados a sufragar os gastos de adquisición de elementos de envasado de comida e bebida para a entrega a domicilio ou a recollida no local, é de salientar a gran cantidade de solicitudes presentadas, o que indica que unha parte relevante dos establecementos hostaleiros da Comunidade incorporaron ou reforzaron este servizo entre as súas actividades.

CONCELLOS
Nº EXP
MOBILIZADO
MOB. PECHAMENTO
MOB. ADECUACIÓN
MOB. ENVASES
AXUDA
FERROL
33
252.753€
155.214€
37.390€
60.149€
202.202€
NARON
25
157.697€
115.829€
23.474€
18.394€
126.158€
VALDOVIÑO
9
136.865€
87.300€
38.420€
11.145€
109.492€
FENE
6
26.191€
14.000€
-
12.191€
20.953€
ARES
3
24.751€
10.966€
9.785€
4.000€
19.801€
CEDEIRA
2
13.175€
13.175€
-
-
10.540€
MOECHE
2
9.996€
9.996€
-
-
7.997€
NEDA
1
21.440€
14.000€
3.440€
4.000€
17.152€
PONTEDEUME
6
44.728€
30.361€
13.287€
1.080€
35.783€
AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ
3
11.172€
4.988€
-
6.184€
8.938€
MONFERO
2
12.366€
8.888€
3.478€
-
9.893€
CABANAS
2
10.174€
8.500€
-
1.674€
8.139€
CARIÑO
2
15.850€
14.000€
1.850€
-
12.680€
MAÑON
2
13.280€
3.200€
7.000€
3.080€
10.624€
ORTIGUEIRA
1
21.000€
14.000€
7.000€
-
16.800€
TOTAL
99
771.438
504.417
145.125
121.896
617.151

Imaxes relacionadas