21/09/22 | 13:56 | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación A Xunta busca a través da Axenda Financeira acompañar o tecido empresarial galego para que impulse a súa competitividade
O director do Igape, Fernando Guldrís, salienta no Parlamento que o Goberno galego destina máis de 135M€ a dar resposta ás necesidades financeiras de pemes e autónomos no “complexo escenario actual”, reforzando o capital e os fondos propios, facilitando acceso a instrumentos de débeda e ofertando garantías na obtención de crédito
No eido do capital púxose en marcha a Liña de Transformación, que combina financiamento e consultoría estratéxica mobilizando 90M€, e artelláronse acordos con xestoras privadas de fondos de capital risco nacionais que permiten destinar 11M€ a startups innovadoras en fases iniciais e 30M€ a empresas industriais consolidadas
Achéganse préstamos parcialmente reembolsables que combinan financiamento e axudas directas; préstamos para investimentos estratéxicos consistentes na creación de novas instalacións e na mellora das existentes; e préstamos para financiar aquelas industrias afectadas polo incremento de prezos como consecuencia da invasión rusa de Ucraína
Está en marcha unha nova convocatoria dos IFI Innova, préstamos dirixidos a proxectos innovadores de pemes