Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

18/05/21 | 15:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 320.000€ en axudas a 40 establecementos de hostalaría do sur da provincia de Pontevedra para acondicionar as terrazas e favorecer as vendas a domicilio

O delegado territorial, Luis López, informou destas achegas, orientadas a dar a máxima seguridade sanitaria e favorecer o impulso do sector, nunha visita realizada este mediodía ao restaurante Marusía da Guarda

18/05/21 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén destaca a riqueza cultural, natural e humana do Camiño de Santiago

O delegado territorial explicou que ‘Peregrinando pola Vía da Prata – Escolares Camiñando en Familia’, é unha iniciativa que fará dos sábados da provincia unha andaina aberta ás familias e ás Anpas, na que Turismo de Galicia investiu máis e 16.500 euros

18/05/21 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Feijóo expón o turismo como sector prioritario para a reactivación coa seguridade e a calidade como divisa

Destaca que Galicia seguirá apostando por un modelo turístico seguro e de calidade, co Ano Santo 21-22 como gran oportunidade

18/05/21 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acomete labores de acondicionamento e conservación nas franxas de protección das sendas peonís da Ponte da Illa de Arousa

O delegado territorial, Luis López, supervisa os traballos, que se desenvolverán ao longo dos 1.980 metros de lonxitude desta infraestrutura de paso da PO-307

17/05/21 | 11:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a súa colaboración internacional cunha intervención para garantir a atención sociosanitaria da poboación desprazada en Mozambique

O Goberno galego destina 7.600 euros a esta actuación que permitirá atender a persoas desprazadas pola violencia en Cabo Delgado acollidas no campamento de Malica

16/05/21 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incorpora a 248 traballadores fixos descontinuos ao servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais en Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explica que este incremento de persoal por seis meses faise efectivo todos os anos antes da chegada do verán, de acordo coas necesidades de programación e planificación

15/05/21 | 13:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste 423.000€ na substitución da cuberta, da fachada e das carpinterías do CPI Pecalama de Tordoia para adaptalo ao Plan de nova arquitectura pedagóxica

Gonzalo Trenor explicou que as obras previstas suporán un salto de calidade no confort para o alumnado e máis eficiencia desde o punto de vista enerxético

15/05/21 | 10:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta adxudica o seguro coronavirus para dar cobertura a turistas e peregrinos que visiten Galicia e que entrará en vigor en menos de tres semanas

Cubrirá todos os custos sanitarios derivados dun posible caso de infección por covid-19 ou por corentena

14/05/21 | 14:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén remarca o carácter solidario, integrador e hospitalario do Xacobeo 2021 - 2022

‘Un camiño imaxinado’ contou co apoio da Xunta no marco do programa O Teu Xacobeo

14/05/21 | 14:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ensaia o sistema operativo de emerxencias na provincia de Ourense

O delegado territorial participou esta mañá no simulacro de “Activación da situación 2”na provincia de Ourense dende o Centro de Coordinación Operativo