Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Policía Autonómica en colaboración coa Confraría de San Telmo comisa 75 quilos de ameixa nun dispositivo contra o furtivismo en Poio
Foron identificadas dúas persoas ás que se lles abriron dilixencias por un presunto delito contra a protección da flora e da fauna
A Xunta xa habilitou o espazo e a dotación dos 8 funcionarios e do material do novo xulgado do social da Coruña que comezará a funcionar o próximo mércores
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín visitou hoxe xunto co presidente do TSXG, José María Gómez y Diaz-Castroverde as instalacións do novo xulgado nº7 do Social na antiga sede da Audiencia Provincial
Un estudo das universidades galegas salienta a crecente profesionalización e especialización dos xestores culturais
A investigación constata a progresiva incorporación das mulleres ao sector e identifica a este colectivo como experimentado e cada vez máis preparado
A Xunta apoia a dinamización da veciñanza de Riotorto con melloras nos centros sociais do concello
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe as melloras levadas a cabo en varias das asociacións de veciños do municipio
Un programa impulsado pola Xunta con 300.000 euros serviu para formar no último ano a 100 persoas desempregadas de oito concellos lucenses
O delegado territorial, Javier Arias, participou na clausura da iniciativa, promovida polos municipios de Outeiro de Rei, Rábade, Friol, Begonte, Cospeito, Castro de Rei, Abadín e Mondoñedo
A Xunta renova o convenio coa coordinadora galega de ONGD para fortalecer o sector galego da cooperación ao desenvolvemento
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, asinou hoxe o acordo coa organización, dotado con 100.000 euros, e que nesta ocasión incidirá na comunicación e visibilización do traballo das ONGD e no enfoque de xénero
A Xunta destaca a importancia do remate de "La Vuelta 21" en Galicia para promocionar o turismo galego a nivel internacional neste Xacobeo
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda; o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, participaron hoxe na presentación das 3 últimas etapas da proba ciclista pola comunidade ata rematar na praza do Obradoiro
Máis de 160 persoas participan hoxe na última convocatoria das probas para obter e renovar a habilitación como persoal de control de acceso a espectáculos públicos
O novo proxecto de decreto que regulará a actividade substituirá estas probas anuais por un curso de 6 horas na AGASP
Luis López apela aos valores do Camiño de Santiago “para facer que Galicia sexa cada día máis grande” na inauguración do monumento da Vieira de Tui
O delegado territorial da Xunta asiste ao descubrimento desta escultura no punto de partida do Camiño Portugués e agradece á asociación de comerciantes e ao pobo de Tui a súa contribución á ruta de peregrinaxe
A Xunta oferta 3.716 prazas públicas en escolas infantís para o curso 2021/2022 na provincia de Pontevedra e abre o prazo de solicitude ata o 12 de abril
O delegado territorial, Luis López, anuncia, nunha visita ao servizo do Edificio Administrativo de Campolongo, que a oferta, dotada con 60 centros, ampliarase ao longo do curso coa apertura da de Salvaterra do Miño