Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

25/03/21 | 17:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca o importante esforzo realizado polo conxunto do complexo mar-industria durante a crise sanitaria

A delegada territorial da Xunta sinala que o Executivo autonómico destina na convocatoria de axudas deste ano 16 millóns de euros para investimentos de mellora nas instalacións das pemes de transformación dos produtos do mar

25/03/21 | 17:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor entregou 484 chalecos reflectantes ás socias da asociación de mulleres rurais Terra de Melide Alecrín-Telecentro Clun

O delegado da Xunta fixo fincapé na importancia de que os veciños, fundamentalmente das zonas máis rurais, se familiaricen co uso desta peza que pode salvar vidas

25/03/21 | 15:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta comezará a vacinación aos axentes da Policía Local de Galicia durante a vindeira semana

É preciso lembrar que, do mesmo xeito que acontece cos restantes colectivos de profesións esenciais, o ritmo de vacinación estará condicionado pola dispoñibilidade de doses que reciba a comunidade galega

25/03/21 | 15:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita por 250.000 € euros o acondicionamento do paseo peonil do entorno do mosteiro das Bernardas, en Ferreira de Pantón

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacou que continúan así ás actuacións de urbanización e mellora executadas nesta zona nos últimos anos

25/03/21 | 15:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita a restauración da igrexa do Mosteiro de Santa María de Oia para corrixir as humidades e favorecer o seu mantemento e estética por máis de 800.000€

O delegado territorial da Xunta, Luis López, anuncia a apertura do proceso de contratación nunha visita ao templo coa alcaldesa, Cristina Correa, e fixa o remate desta rehabilitación para o primeiro semestre de 2022

25/03/21 | 14:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López pon en valor a “aposta decidida” da Xunta pola formación e o emprego en Vilagarcía de Arousa cun investimento de 716.000 € en dous obradoiros

O delegado territorial visita a iniciativa 'Forme 2020' co alcalde, Alberto Varela, e destaca o seu traballo a prol da inserción laboral nas modalidades de Carpintaría e Moble e Atención Sociosanitaria en Domicilio e Teleasistencia

25/03/21 | 14:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca a tripla dimensión formativa, laboral e de servizo dos obradoiros de Mos Peregrino e Mocidade no Camiño

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo xunto á alcaldesa Nidia Arévalo visitou hoxe ao alumnado destes talleres de emprego no que se forman 36 persoas en albanelería, carpintería, xardinería, conservación de montes e deseño gráfico

25/03/21 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta polo proxecto Ourense Termal na nova convocatoria dos Plans de Sostenibilidade Turística da Secretaría de Estado de Turismo

O delegado territorial sinalou que “Ourense conta cun importante número de concellos ricos en recursos termais, pero que precisan dun plan e de axudas para poder explotalos economicamente e como fonte de riqueza no turismo de saúde e benestar”

25/03/21 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita as obras de humanización e mellora de vías na estrada AC-480 en Oza-Cesuras

O obxectivo das actuacións é mellorar a seguridade viaria dos peóns que percorren esta estrada de forma habitual