Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

08/02/21 | 13:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta insiste na posta en marcha dos novos xulgados do Social de Vigo, A Coruña e Lugo o 31 de marzo deste ano

O Ministerio de Xustiza comunicou á Administración autonómica que non prevé a posta en funcionamento dos novos servizos xudiciais ata o 30 de xuño

08/02/21 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mantén unha xuntanza con representantes da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago

Segundo indicou Alfonso Rueda, a programación do Xacobeo adaptarase en cada momento á situación sanitaria e irá ampliando o seu radio de accións en función da evolución da pandemia

08/02/21 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias entrega tendas de campaña ás agrupacións de Protección Civil de Cangas e O Porriño para reforzar as intervencións

A entrega destes equipos, tal e como informou a delegada territorial, enmárcase na orde de axudas para equipamentos de emerxencias, nas que a Xunta investiu o ano pasado 932.400 euros para reforzar os recursos das agrupacións de 87 concellos

07/02/21 | 12:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a súa colaboración internacional cunha intervención para previr a pandemia nas escolas de Mozambique

Esta actuación, que permitirá adquirir material de prevención e hixiene básica para once escolas, beneficiará a máis de 4.000 persoas na provincia de Manica

05/02/21 | 19:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia aposta por incluír a perspectiva demográfica no deseño das políticas europeas

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia no 142º pleno do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde destacou a nova Lei galega de impulso demográfico como un elemento pioneiro e transversal na elaboración de políticas públicas e na asignación dos fondos estruturais

05/02/21 | 17:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A AECT Galicia-Norte de Portugal leva a Bruxelas a petición de reapertura dos máximos pasos fronteirizos posibles da Eurorrexión

Reclama a apertura coas garantías dos medios necesarios para levar a cabo un control efectivo e dentro das dispoñibilidades de vixilancia

05/02/21 | 17:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica levanta unha acta de infracción nun local de hostalería de Ourense e outra nun establecemento comercial de Vigo por infrinxir a normativa relacionada coa covid-19

Os axentes realizaron unha inspección nun establecemento hostaleiro do concello ourensán de San Cibrao das Viñas, onde detectaron que se estaba a dar servizo de comidas a persoas que non se atopaban hospedadas no hotel

05/02/21 | 14:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co director de administracións públicas e grandes empresas no territorio Norte de Telefónica España

O delegado territorial manifestoulle a necesidade de seguir a construír unha conectividade inclusiva e sostible, e sexa esta, un piar fundamental de desenvolvemento que evite a fenda dixital

05/02/21 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que o novo albergue de peregrinos de Vigo contribuirá a seguir mellorando a cidade e a experiencia xacobea

Dentro do plan director do Camiño, subliña que a Xunta destinou ata agora máis de 33 millóns de euros a albergues para, entre outras cousas, construír nove e levar a cabo melloras noutros dezaoito