Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

05/01/21 | 12:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A retransmisión do inicio do Xacobeo 2021-2022 foi seguida por máis de 1,5 millóns de persoas en 33 países de todo o mundo

O audiovisual conducido por Carlos Núñez co que se pechou o acto contou coa participación solidaria e altruísta de destacados artistas como Julio Iglesias, Alejandro Sanz, Rozalén, Amaral, Iván Ferreiro, Xabier Díaz, Cristina Castaño ou Paulo Coelho, entre outros

05/01/21 | 11:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta publica a licitación das obras nos albergues de Palas de Rei e O Pino, e do embarcadoiro de Chancís na Ribeira Sacra, que contan cun orzamento de preto de 1,3 M€

As actuacións en ambos albergues forman parte do Plan de Albergues 2019-2021, dotado con 7M€ para reforzar a rede pública destes establecementos

04/01/21 | 14:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o atractivo turístico do Belén Artesanal en Movemento de Valga

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá este Belén, Festa de Interese Turístico de Galicia, e o único xunto co de Begonte con esta consideración

04/01/21 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca que Galicia segue a ser a única comunidade con apoios directos e periódicos ás vítimas da violencia de xénero

A delegada territorial da Xunta visitou hoxe a Asociación Rede Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo, distinguida coa Medalla Emilia Pardo Bazán

04/01/21 | 12:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica levou a cabo 130 inspeccións en 41 concellos galegos nos controis de medidas ante a covid-19 na nosa Comunidade

Leváronse a cabo 150 dispositivos que tiveron como resultado 13 denuncias no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19

04/01/21 | 12:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinará 3,5 M€ ás axudas para mellorar e renovar as instalacións dos establecementos turísticos

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe as instalacións do albergue da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS) San Antonio de Herbón de Padrón

03/01/21 | 11:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Plan Director Galicia Destino Seguro da Xunta recolle a necesidade de apostar por un modelo turístico baseado na seguridade e a calidade

Remata a fase de participación tras as análises da situación do sector turístico en Galicia levadas a cabo polas tres universidades galegas no último mes e medio e coas que agora se elaborará un único documento final

02/01/21 | 12:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta recibiu case 700 denuncias dos 167 concellos adheridos ao convenio coa Fegamp para tramitar as sancións relacionadas coa covid-19 de competencia municipal

O convenio asinado coa Fegamp ten como obxectivo contribuír a axilizar os procedementos e paliar a carga administrativa de moitos municipios