Marta Fernández-Tapias destaca a importante labor da asociación Stop de Vigo coa campaña Cada neno un xoguete

Vigo, 4 de xaneiro de 2020

A delegada territorial da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe en vésperas de Reis á Asociación Stop Vigo, coincidindo co último día do reparto da campaña Cada Neno un Xoguete.

A representante autonómica que destacou a importante labor desenvolvida pola entidade nos últimos once anos a través desta iniciativa, fixo un percorrido polas instalacións da rúa Paulino Freire en Bouzas, e coñeceu o procedemento que se sigue para manipular os xoguetes de forma segura, seguindo todas as medidas de protección ás que obriga a actual crise sanitaria.

Imaxes relacionadas